Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Levantamento medidas de restricción sanitaria influenza aviaria

Concello de Redondela
23-05-2023
0
Levantamento medidas de restricción sanitaria influenza  aviaria

LEVANTAMENTO MEDIDAS DE RESTRICIÓN SANITARIA INFLUENZA  AVIARIA

Atendendo á petición da Consellería do Medio Rural – Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, comunícase que o o pasado 11 de maio, as autoridades competentes en sanidade animal das Comunidades Autónomas máis o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) acordaron o levantamento das medidas de restrición sanitaria vixentes desde o pasado 20 de decembro de 2022 en España nas citadas zonas ZER e ZEV.

 Á vista do anterior, neste concello situado na zona ZEV deixarán de aplicarse as prohibicións que ata agora estaban en vigor, non adoptándose ningunha medida especial, agás a autorización previa para a celebración de calquera tipo de concentración de aves, por parte das consellerías do Medio Rural (no caso das aves de curral) ou de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (para o resto das aves) .

 A diminución do risco da IAAP non implica a ausencia total do mesmo polo que cómpre seguir recomendando as seguintes medidas de prevención:

 

·         As persoas relacionadas con granxas avícolas comerciais que posúan tamén unha explotación avícola de tipo curral familiar, deben evitar ter contacto con aves dunha e outra explotación sen previamente tomar as axeitadas medidas de bioseguridade (lavado de roupa, lavado de mans...), especialmente se as aves do galiñeiro familiar teñen posibilidade de contactar con aves silvestres.

 

·         As persoas titulares ou traballadoras en explotacións ou titulares de currais familiares de calquera tipo, no caso de realizar actividade cinexética de caza menor de aves, deben manter as adecuadas prácticas de bioseguridade unha vez finalizada a actividade cinexética, procurando no entrar en contacto coas aves domésticas da súa propiedade.

 

 

Lembrar que é obrigatoria a inscrición dos currais avícolas familiares de autoconsumo no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, sendo a finalidade deste rexistro unicamente sanitaria, para ter a Consellería do Medio Rural coñecemento da súa existencia, ante unha situación de alerta sanitaria por enfermidades como a influenza aviaria no territorio galego.

 

O rexistro pode realizarse por diversas vías:

 

·         Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada ), cubrindo o formulario MR 501A – Inscrición no rexistro de explotacións avícolas non comerciais. Xúntase modelo para o seu coñecemento e uso se o consideran.

 

(https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR501A&ano=2015&numpub=1&lang=gl )

 

·         Nas Oficinas Rurais (OR) da Consellería do Medio Rural. https://www.xunta.gal/servizos-no-mapa

 

OFICINA AGRARIA COMARCAL EN REDONDELA:

Paseo da Xunqueira, 15, 1º andar

 

·         Por calquera dos sistemas habilitados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

 

Pódese consultar a comunicación recibida da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias de data 16/05/2023 que se xunta..

Arquivo adxunto:attachment-2-1042.pdf