Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Casa Cultural de Cabeiro acollerá o mércores a presentación do libro de Amante Romero dentro da colección 'Parroquias de Redondela'

Concello de Redondela
11-10-2021
0
A Casa Cultural de Cabeiro acollerá o mércores a presentación do libro de Amante Romero dentro da colección

No acto, que comezará ás 19:30 horas, participarán a alcaldesa Digna Rivas, o autor do libro e se repartirán exemplares gratuítos entre os e as asistentes. Tal e como anunciara a alcaldesa Digna na presentación dos tres novos títulos da colección 'Parroquias de Redondela' –Cabeiro, San Estevo de Negros e Reboreda–, esta semana comezarán a ser presentados nas parroquias protagonistas comezando o mesmo mércores, 13 de outubro, ás 19.30 horas na Casa Cultural de Cabeiro.

No acto, no que participarán a alcaldesa de Redondela e o autor do libro, Amante Romero Álvarez, farase entrega de exemplares gratuítos ás veciñas e veciños que asistan ao acto que, a súa vez, poderán facer as preguntas que consideren oportunas ao autor.

Coa edición dos tres novos títulos busca o Goberno local de dar continuidade á serie de libros 'Parroquias de Redondela', edición que tivo que ser paralizada pola pandemia da Covid e das circunstancias que impedían a súa distribución entre a veciñanza.

Na presentación dos tres novos títulos, no pasado mes de setembro, a alcaldesa subliñaba que a entrada na 'nova normalidade' permitía recuperar o proxecto que só era posible “grazas a implicación de persoas como Amante, Xosé e Carlos que se prestan a afondar na historia e patrimonio das súas parroquias”.

Os libros contan con portadas realizadas por Ángel Barros “un luxo de portadas” afirmou a alcaldesa quen destacou “a sorte de poder contar cun artista da calidade de Ángel para desenvolver este proxecto que pon de relevo a capacidade creativa, literaria por unha banda e artística por outra, dos nosos veciños”.