Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Literaturas Irmás/Irmãs, un irmandamento entre as bibliotecas de Monçao e Redondela

Bibliotecas de Redondela
07-11-2018
0
Literaturas Irmás/Irmãs, un irmandamento entre as bibliotecas de Monçao e Redondela

O pasado mes de xullo tiña lugar unha xuntanza entre unha representación cultural do concello de Redondela e do concello lusitano de Monçao para poñer as bases da colaboración entre as bibliotecas dos dous municipios, dentro do Proxecto Literaturas Irmás/Irmãs.

O 24 de outubro, Día da Biblioteca, iniciou a súa andaina este irmandamento cultural que pretende visibilizar a cooperación existente entre as dúas rexións a través da promoción de libros en galego en bibliotecas portuguesas e libros en portugués en bibliotecas galegas, para que os usuarios das mesmas en ámbolos dous lados do Miño poidan gozar da riqueza das dúas literaturas, así mesmo ven a reforzar os lazos con este municipio do norte de Portugal que, desde o ano 2002 está irmandado co noso concello, en virtude, entre outros aspectos, do seu patrimonio inmaterial, representado polas famosísimas festas da Coca, tan exitosas en ambas municipalidades.

Os que se acheguen as bibliotecas redondelanas atoparán, cada tres meses, un novo centro de interés dedicado a unha figura destacada do panorama literario lusitano mentres que na biblioteca portuguesa os seus sus usuarios poderán disfrutar das obras dun creador galego e, en ambos casos, no seu idioma orixinal.

Os autores que inauguran esta actividade son José Saramago, na biblioteca redondelana, e Manolo Rivas na biblioteca de Monçao

Os materiais, que se atopan dispoñibles para o seu préstamo, foron facilitados polas respectivas bibliotecas e inclúen materiais audiovisuais.

Así mesmo nos clubs de lectura de ambas as localidades estase a ler unha obra dos autores correspondentes

Literaturas Irmás/Irmãs, que conta coa colaboración do Departamento de Normalización Lingüística, nace con vocación de futuro e de enriquecemento a través da incorporación de novas actividades ao longo do seu desenvolvemento. Os autores variarán cada 3 meses e os documentos estarán a disposición dos nosos usuarios durante mes e medio en cada biblioteca da nosa unidade administrativa.

Literaturas Irmás/Irmãs visibilízase, tamén, nas redes sociais cun perfil propio na plataforma de Instagram, xestionada por Tania Lago, mentora do proxecto