Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Medio Ambiente organizará unha actividade para nenos e nenas durante as vacacións de Semana Santa

Concello de Redondela
28-03-2022
0
A Concellería de Medio Ambiente organizará unha actividade para nenos e nenas durante as vacacións de Semana Santa

As e os participantes aprenderán a realizar caixas-niños para paxaros nunha iniciativa quere poñer o foco de atención sobre a importancia da conservación do ecosistema forestal

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Alberto Álvarez, vén de anunciar a posta en marcha dunha actividade dirixida a nenos e nenas a partir dos 7 anos de idade e que se desenvolverá os días 11, 12 e 13 de abril de 10 h a 13:30 horas no Multiúsos da Xunqueira de Redondela, Meirande de Rande e Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela.

 INSCRIPCIÓNS EN "Obradoiro - Caixas niño"

   Formulario

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 28 de marzo e farase nas oficinas de Rexistro que ten o Concello de Redondela.

A actividade consistirá na realización de caixas-niños de tres formas distintas para diversas especies de paxaros. Amais, ás e aos pequenos daráselle unha pequena charla informativa, nun formato áxil e atractivo, sobre os distintos tipos de aves e se lles fará entrega dun pequeno caderno de actividades.

Con esta iniciativa o Goberno local busca poñer o foco de atención dos e das máis pequenas na necesidade de conservar o ecosistema forestal e a importancia que as distintas especies de aves teñen no mantemento do equilibro medioambiental.

As caixas-niños elaboradas polas rapazas e rapaces serán posteriormente instaladas na contorna da Alameda Castelao de Redondela, Museo Meirande de Rande e Multiúsos do Piñeiral do Crego.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explicaba que a actividade “busca espertar nos máis pequenos e pequenas a curiosidade polo entorno natural e, ao mesmo tempo, que poidan descubrir a importancia de protexer e conservar o medio ambiente”.