Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As Bibliotecas Municipais de Redondela premian aos mellores lectores do ano polo Día do Libro

23-04-2020
0
As Bibliotecas Municipais de Redondela premian aos mellores lectores do ano polo Día do Libro

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o 23 de abril, as Bibliotecas Municipais de Redondela distinguen, como en edicións anteriores, aos lectores, maiores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no pasado ano, atendendo aos datos que rexistraron as súas estatísticas.

Os lectores galardoados son: Sheyla Fernández (fotografías en arquivo adxunto) na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela e  José Lorenzo  na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (Redondela).

O pasado 2 de abril, data na que se conmemorou o Día do Libro Infantil, foron galardoados os lectores menores de 14 anos: 

os irmáns xemelgos Brais e Adrián, de cinco anos, na Biblioteca de Redondela e David Fernández, tamén de 5 anos, na de Chapela.

Esta iniciativa ten por obxectivo fomentar a lectura e premiar a fidelidade dos usuarios que máis libros retiraron ao longo do ano anterior.

+INFO: http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/04/premio-mellores-lectores-do-ano.html