Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As bibliotecas recoñecen @s mellores lectores infantís de 2018

Bibliotecas de Redondela
06-02-2019
0
As bibliotecas recoñecen @s mellores lectores infantís de 2018

Miguel Álvarez, Tenente Alcalde e Mª Teresa París, Concelleira de Cultura entregaron os premios “Mellores Lectores Infantís do Ano 2018” aos usuarios menores de 14 anos que máis utilizaron o servizo de préstamo nas Bibliotecas Municipais de Redondela

As Bibliotecas Municipais de Redondela recoñeceron un ano máis aos lectores que maior uso realizaron do servizo de préstamo, atendendo aos datos que rexistraron as súas estatísticas. Miguel Álvarez, tenente de alcalde do concello de Redondela, fixo entrega dos premios durante a “Gala Infantil 50 Aniversario” que tivo lugar no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira en Redondela, o pasado 25 de xaneiro.

Os lectores galardoados foron Antón Pekka, de catro anos, na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela e Raquel Rodríguez, de 8 anos, na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (Redondela) que recibiron como obsequio un diploma que os fai merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio e unha figura conmemorativa do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela.

O acto de entrega de galardóns pechouse coa Gala Infantil conmemorativa do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela na que 277 persoas gozaron da actuación do grupo musical “ Uxia Lambona e a Banda Molona”