Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Os mellores lectores infantís de 2019

Concello de Redondela
02-04-2020
0
Os mellores lectores infantís de 2019

Como cada ano, o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, as Bibliotecas Municipais de Redondela realizan un recoñecemento especial aos lectores menores de 14 anos que máis utilizaron o servizo de préstamo no ano anterior.

Ese día os galardoados achéganse ás bibliotecas municipais de Redondela para recoller o seu agasallo. Este ano, debido ás especiais circunstancias nas que nos atopamos, este acto posponse ata que volva á normalidade o servizo bibliotecario. Porén non queren deixar de distinguir nun día tan sinalado a estes pequenos grandes lectores.

Pero hai máis circunstancias peculiares nos Premios deste ano. O gañador na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela non é un usuario, senon dous. Trátase de dous irmáns xemelgos que se colocaron á vez na primeira posición, Brais e Adrián, de cinco anos, que achegan esta foto tan simpática do seu tempo de lectura na casa.

Na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela, o gañador tamén ten 5 anos. O seu nome é David Fernández Amoedo, que tamén aproveita estes días para gozar da lectura na casa .

Dende 1967, o 2 de abril, o IBBY, Organización Internacional para o fomento da lectura infantil e xuvenil de calidade, celebra o Día Internacional do Libro Infantil coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Nesta data búscase promocionar os bos libros infantís e a lectura entre os máis novos


#quedanacasaele

#euquedonacasa