Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello reafirma a súa aposta polos mercados de abastos como dinamizadores do comercio de proximidade

Concello de Redondela
22-02-2021
0
O Concello reafirma a súa aposta polos mercados de abastos como dinamizadores do comercio de proximidade

Os postos da praza de abastos de Chapela repartirán bolsas de tea ecolóxicas proporcionadas polo Concello de Redondela nunha iniciativa que amosa a aposta do Goberno local polo comercio de proximidade e de calidade contrastada e que se realizou con fondos europeos dentro da Estratexia DUSI.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou a praza de Chapela para facer entrega das bolsas, pizarras para que os postos poidan amosar os seus prezos e unha pizarra para uso informativo da praza de abastos.

Esta estratexia de comunicación e promoción, forma parte das actuacións promovidas polo Goberno local na posta en valor dos mercados de abastos “como elementos imprescindibles para a dinamización non só da contorna na que se atopan, senón do municipio”, explica a alcaldesa de Redondela.

Nesta dinámica de apoio ao comercio local considerada polo Goberno de Redondela como “imprescindible” para a reactivación económica, o Concello desenvolverá distintas iniciativas que contribúan a mellorar a competitividade do comercio de proximidade.

Digna Rivas, lembrou “que tan só nas dúas prazas de abastos –Redondela e Chapela– investirase máis de 500.000 euros de fondos europeos para convertelas nunhas infraestruturas modernas e multifuncionais”