Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

ISABEL RISCO, Monólogo na Alameda Rosalía de Castro

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela.
18-08-2019
0
ISABEL RISCO, Monólogo na Alameda Rosalía de Castro

Hoxe, Domingo 18 de Agosto, ás 21:30 hrs, na Alameda de Rosalía de Castro, Chapela, poderemos escoitar as verbas intelixéntes, divertidas e comprometidas da actriz galega, ISABEL RISCO.

Isabel Risco é unha actriz de moita calidade e longo percorrido na tvG (Mareas Vivas, As leis de Celavella,...) gañadora do Premio Mestre Mateo no 2014 pola súa interpretación na serie televisiva Era visto! e actualmente colaboradora do programa Land Rober.

Hoxe, na Alameda de Chapela, e da man da Concellaría de Cultura de Redondela, buscará entre as tradicións da nosa terra e das nosas xentes para contarnos cousas cotiás e máxicas ó mesmo tempo. Cousas que nos fan ser un pobo peculiar, intelixente e duro, pero tamén moi, moi divertido.