Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela estrea páxina web

M. X. Queimaliños (Radio Redondela)
20-01-2018
0
Redondela estrea páxina web

A empresa J&J Publicidad y Comunicación de Vigo foi a encargada de renovar a imaxe que o Concello de Redondela proxecta a través da rede. Unha nova páxina "máis intuitiva, máis operativa e máis interactiva" en palabras do concelleiro de novas tecnoloxías Julio Mougán. O novo portal, que xa está plenamente operativo, "permite avanzar en transparencia e participación cidadá, un índice que sitúa a Redondela como un dos concellos máis transparentes de toda Galicia" afirmou o alcalde Javier Bas.

"Somos o sétimo concello máis transparente de toda Galicia e ferramentas como esta páxina web pódennos axudar a escalar nese ranking". Así o explicaba o alcalde no acto de presentación da nova páxina web de Redondela (www.redondela.gal) que tivo lugar na mañá do pasado 17 de xaneiro na Casa da Cultura.


Un novo portal en cuxo deseño se investiron preto de 6.000 euros e varios meses de traballo que correron a cargo da empresa viguesa J&J Publicidade y Comunicación quen se encargaron de realizar o novo portal "que quere ser máis intuitivo para facilitar a navegación de todo tipo de usuarios e que busca avanzar na administración electrónica, permitindo que os veciños poidan facer as súas xestións a través da Internet.


Trámites que van dende descargar formularios para solicitar subvencións municipais, solicitar o padrón ou reservar pistas deportivas e que serán posibles a golpe de clic a través desta páxina en canto estea plenamente operativa. De feito, dende a empresa encargada desta actualización, insistía Estela Carrera que partindo da páxina xa existente déuselle unha volta para convertela "nunha ferramenta máis útil que permita aos cidadáns facer as xestións que necesiten.


Unha nova web "creada pensando no que necesitan os veciños, máis atractiva, intuitiva, sinxela e rápida no seu manexo e adaptada a todos os dispositivos (ordenador, móbil e tablets".