Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novas restriccións para Redondela

Concello de Redondela
04-12-2020
0
Novas restriccións para Redondela

O Nivel Máximo de restrición pola COVID e o peche perimetral, impiden a celebración do mercado do día 6 de decembro en Redondela

O Concello, que tiña todo disposto para habilitar a avenida de Mendiño como zona de mercado para poder cumprir coas normas de seguridade sanitaria, mirase na obriga de suspendelo “ante as novas directrices marcadas pola evolución da COVID”

 

Redondela, 03 de decembro de 2020

O Concello de Redondela deu a coñecer hoxe a suspensión do mercado previsto para o día 6 de decembro, e para o que se tiña xa todo disposto, “logo dos datos sobre a evolución da COVID no municipio que nos inclúe no Nivel Máximo de Restricións ao que se engade o peche perimetral”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas tralas reunións mantidas con responsables da Consellería de Sanidade.

O Goberno redondelán daba por certa a celebración da feira do 6 de decembro e de feito, tal e como explica o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, “tíñamos adoptado todas as disposicións necesarias para desenvolvelo ocupando toda a zona da avenida Mendiño” ao considerar o executivo que preside Digna Rivas, “a complicada situación que atravesa o comercio local e que precisa de iniciativas dinamizadoras como a feira dos días 6 e 21 de cada mes”.

Rivas asegurou que a decisión de suspender a celebración da feira adoptouse tralas reunións mantidas con responsables da administración sanitaria galega que, amais de incluír a Redondela no nivel de restrición máximo, engadía a circunstancia dun peche perimetral do municipio, circunstancia que fai imposible a celebración deste mercado.

A alcaldesa redondelá deu conta que, unha vez máis e como ven facendo hai días, pediu aos responsables da Consellería de Sanidade a realización dun cribado de probas PCR para coñecer, con certeza, a incidencia da COVID en Redondela e “poder optimizar as medidas a tomar en coordinación coa Consellería”. Nese sentido, Digna Rivas lembrou que esta medida “vén sendo reclamada insistentemente por esta acaldesa dende hai máis dunha semana e, polo que parece, comezarán a facerse esta vindeira semana”.

O cribado de probas PCR, asegurou a rexedora local, permitirá coñecer con exactitude o alcance da pandemia no noso territorio e, por tanto, poder actuar en consecuencia dentro das nosas competencias sempre en colaboración coas autoridades sanitarias competentes na materia