Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novas Xornadas na Rede Natura 2000. Andainas pola biodiversidade da enseada.

Concellaría de Medioambiente
18-09-2020
0
Novas Xornadas na Rede Natura 2000. Andainas pola biodiversidade da enseada.

Dende a Concellería de Medio Ambiente co lema A nosa biodiversidade o seu legado están a realizar dende finais do mes de Agosto , unha serie de actuacións informativas e charlas divulgativas para poñer en valor a Enseada de San Simón que se atopa dentro da Rede Natura 2000 . Debido a gran acollida recibida e a cantidade de persoas interesadas que quedaron sen praza para os paseos sobre as “algas da intermarreal” de Cesantes , o departamento medioambiental do concello de Redondela decidiu ampliar as actividades medio ambientais que remataban o 19 de Setembro ata finais do mes de Outubro.

Redondela 15 de setembro de 2020 , debido a gran demanda de participantes para as actividades educativas e medioambientais na Rede Natura 2000 a concellería de medio ambiente amplía datas e temario para o mes de Outubro.

Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural.

A ciencia separase en investigación é divulgación. Mentres a investigación fai avanzar o coñecemento, a divulgación intenta expandir na sociedade este novo coñecemento. Neste grupo de expansión atópase a cidadanía, a cal temos que chegar cunha linguaxe próxima e achegada.

Natura 2000 é unha rede europea de áreas de conservación natural. A súa finalidade é asegurar a protección a longo prazo das especies e o seu hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade.

Nos paseos dinamizados por FAIA Educación Medioambiental o participante poderá observar, tocar e escoitar temas sobre a formación das rías, dunas, ecosistemas mariños, grupos de algas, avifauna costeira, as marismas de Soutoxuste, historia evolutiva, xeoloxía e outros temas que que protagonizan a biodiversidade da Rede Natura 2000 da Enseada.


Actividades de balde con prazas limitadas por mor da pandemia da Covid-19.

 

Novo tema:A flora das Dunas de Cesantes e o Litoral de Soutoxuste

Datas e prazas dispoñibles:

- Nova actividade o Sábado 3 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

- Nova actividade o Sábado 10 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

- Nova actividade o Sábado 17 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

- Nova actividade o Sábado 24 de Outubro todas as prazas dispoñibles máis 5 prazas de reserva ( saída 10:15 dende a punta de Cesantes).

Inscrición de balde

-En turismo@redondela.gal

-No 986 400 300 -Turismo, horario de 11h a 14h

-Presencial, na Oficina de Turismo do Concello de 11h a

14h e de 15h a 19h.


“A nosa biodiversidade o seu legado”. Por iso agardámosvos na Rede Natrura 2000 da Enseada para dar un paseo educativo con FAIA Educación Ambiental que dinamizará as actividades.