Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela comezará o proceso de expropiacion dos terreos de acceso ao Colexio Igrexa na próxima semana

Concello de Redondela
30-01-2023
0
O Concello de Redondela comezará o proceso de expropiacion dos terreos de acceso ao Colexio Igrexa na próxima semana

O Concello de Redondela comezará o proceso de expropiacion dos terreos de acceso ao Colexio Igrexa na próxima semana. O Concello de Redondela asegura que xa está en marcha a procura de financiación porque entenden este proxecto como unha prioridade. O Concello de Redondela está traballando no proxecto de mellora dos accesos ao Colexio Igrexa (Chapela), cun proxecto que ronda os 500.000 euros que debe ser adaptado á normativa vixente e a situación actual da suba de prezos que obligou a realizar as actualización correspondentes. Este procedemento  de modificación puntual das normas  forzou a mantener en suspenso o proxecto ata  a súa aprobación definitiva. A alcaldesa, Digna Rivas, puntualiza que o concello está actualizando o proxecto á normativa vixente, xa que este tiña data de 2018 ” e confirma que “ xa se están a tramitar as accións correspondents con Ministerio de Fomento e Augas de Galicia. Este Goberno, afirmou Rivas, acometeu a modificación puntual das Normas Subsidiarias para, a partir de aí, desenvolver todos os trámites precisos como son un proceso de expropiación e a correspondente dotación orzamentaria “trámites que aseguraba o PP que estaban en marcha, cando o certo é que todo o proceso estaba paralizado”. As normas aprobáronse definitivamente durante o mandato de Digna Rivas e están reflexados no correspondente BOP.  O certo, continúa a rexidora, é que “mentres se aseguraba á veciñanza, partidos políticos, comunidade escolar é a propia Xunta de Galicia que todo estaba en marcha, os trámites estaban literalmente paralizados”. Neste momento o Concello de Redondela xa comezou cos trámites necesarios para iniciar o proxecto e ensanchar o vial e canto antes comezar o proceso de expropiación. En todo caso, volveu a subliñar Digna Rivas, “a nosa obriga é dar solucións ás veciñas e veciños que non teñen por que pagar pola irresponsabilidade do anterior goberno do PP, e iso faremos”. Ademais, a rexidora redondelá, asegura que “xa están na procura da financiación necesaria para facer realidade canto antes a obra. Entendemos que esta é unha necesidade para os veciños e veciñas de Chapala e a estamos tratando como unha prioridade para este goberno ”. “Este proxecto forma parte das moitas actuacións en marcha na parroquia de Chapela, como a humanización de Cidadelle, Leitón e Pomba, localizacións olvidadas dende fai más de 30 anos”, conclúe Rivas.