Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela continúa mediando entre empresa e sindicatos para garantir os dereitos das traballadoras do SAF

Concello de Redondela
28-12-2022
0
O Concello de Redondela continúa mediando entre empresa e sindicatos para garantir os dereitos das traballadoras do SAF

O Concello de Redondela continúa mediando entre empresa e sindicatos para garantir os dereitos das traballadoras do SAF. A alcaldesa de Redondela asegura que non van parar ata que se cubran os servizos e as peticións das traballadoras do SAF, executando as penalidades pertinentes e estudando todas as medidas correspondentes para poder solucionar a situación.

 A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo unha reunión cos sindicatos o día 26 de decembro para facer un seguimento sobre as irregularidades da empresa Os ventos Innovación en Servizos, SL. “A intención e manter as traballadoras do SAF informadas en todo momento. Estamos buscando unha solución que non prexudique os intereses dos usuarios nin delas”, afirma rotunda Digna Rivas. Dende o Concello vaise mediar nunha una reunión coa empresas e os sindicatos que se celebrará despois das festas do nadal.

O día seguinte, 27 de decembro a rexedora reuniuse coas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar para informar de todo o proceso que o concello está a levar a cabo, con sindicatos e empresa. “Este goberno está mediando para que se cumpran os dereitos das traballadoras e dos usuarios”.

A intención é explicar as medidas técnicas e legais para facer posible as peticións, “asegurando a continuidade do servizo e evitando o paro das traballadoras”. O Goberno local mantén unha “continua labor de fiscalización” sobre a empresa concesionaria do SAF para comprobar que “en todo momento cumpra coas condicións establecidas no prego de condicións polo que se rexeu a contratación do servizo”.

O seguinte paso a dar pola alcaldesa é manter unha reunión cos sindicatos e a empresa, na que o concello será o órgano mediador e na que se pretende sacar algunha conclusión entre ambas partes. “Por suposto, mantendo sempre informadas as traballadoras do SAF de todos os movementos, porque a intención última é que se cumpra o contrato con toda a legalidade e non imos parar ata conseguilo, garantindo a tranquilidade das traballadoras e da veciñanza que se poida ver afectada ante a situación”, explica Rivas.

A alcaldesa de Redondela lembra que o Goberno que preside “ten a obriga de velar polo cumprimento estrito do prego de condicións establecido na contratación e da fiscalización continua da prestación do servizo en condicións óptimas”. “A empresa ten que prestar un servizo acordado e nas condicións estipuladas e o Concello e esta alcaldesa velan, día a día, porque se faga de xeito satisfactorio para os usuarios e usuarias”, conclúe a rexedora local.

Esta Alcaldía, ao abeiro das competencias que lle confire a lexislación vixente, continuou facendo o seu traballo de fiscalización, no que as técnicas presentaron a data de 14 de decembro o último informe sancionador, onde se reflicten as continúas irregularidades da empresa implicada.  “Unha vez explicados os recursos de penalidades xa impostos, expresamos a nosa intención de penalizar a través da contía máxima. Sen embargo, para poder resolver ese contrato temos que garantir a continuidade do servizo a través da execución deste por parte doutra empresa, ter todas a armas legais para que o servizo non quede ningún día sin cumprir e garantir por outra banda o emprego das traballadoras. Este concello cumpre cos pasos legais a seguir e sobre todo quere garantir que as traballadoras non se atopen nunha situación de desemprego. Estamos buscando a solución correcta e xusta para tódalas partes, utilizado as medidas legais para solventalo”.

A   resolución final do expediente que acabou en multa o 23 de novembro, aínda está en prazo de recurso. Este prazo vence a finais de xaneiro, “momento no que poderemos continuar avanzando no proceso. Unha multa ou imposición non é firme mentres este en prazo de recurso, prazo que remata a finais de Xaneiro, data no se poderá abrir outro expediente de penalidades por incumprimento dos pregos.

Dende esta Alcaldía xa se están a traballar nuns novos pregos para o novo contrato, que será consensuado nun primeiro momentos coas técnicas municipais, onde se empezará coas reunións de traballo no vindeiro mes, para continuar traballando cos sindicatos e partidos políticos.