Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Obras no antigo conservatorio

Concello de Redondela
10-10-2022
0
Obras no antigo conservatorio

 

Así será a nova Oficina de Turismo e Cultura de Redondela

 

O Concello de Redondela continúa coas obras no antigo conservatorio, adxudicadas a empresa Santorio Arquitectos. Unha vez rematadas o inmoble acollerá, entre outros servizos, a Oficina de Turismo un e espazos de usos múltiples para poñer en valor a ampla oferta cultural do municipio.

 

dela rehabilitará as antigas dependencias do conservatorio de música, na rúa Isidoro Queimaliños, dentro dun plan global de rehabilitación e recuperación do patrimonio histórico do municipio. As obras, que contan cun orzamento de preto dos 300.000 euros, inclúese nas liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do patrimonio histórico e cultural e a creación de novos eventos culturais (Plan EDUSI 2020).

Cómpre salientar que pola rúa Isidoro Queimaliños, onde se atopa o edificio, discorre o Camiño de Santiago e que, o turismo de peregrinos supón, no caso de Redondela, preto do 90 % do fluxo turístico do municipio.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra que a Vila “conta cun importante patrimonio cultural, que é necesario poñer en valor”. Esa revalorización do patrimonio cultural redondelán, engade Rivas “sirve para que tanto o turismo como a veciñanza, coñezan mellor a historia do seu municipio e xerar sinerxias que atraian a un maior número de visitantes”.

 

PROGRAMA DE RENOVACIÓN

A empresa adxudicataria da obra, Santorio Arquitectos, explica o programa de renovación integral. Esta xa leva catro meses de proceso nos que foron collendo forma a antedita Oficina de Turismo e as instalacións de servizos de Cultura e Normalización Lingüística.

A planta inferior contará, cun acceso desde a plazuela de Reveriano Soutullo, albergando dependencias para usos municipais como despachos e salas de coloquios ou reunións, almacéns, etc.

A planta superior, con acceso desde Isidoro Queimaliños, alberga a oficina de turismo e un espazo polivalente e de exposicións.

O edificio contará cunha plataforma elevadora que garantirá a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida, e con baños accesibles en ambas as plantas.

A actuación contempla a mellora da eficiencia enerxética, dispoñendo illamento térmico na cuberta e trasdosados de fachadas, reparando ou substituíndo carpinterías existentes deterioradas, incorporando iluminación Led tanto no interior como no exterior e procedendo á substitución de todas as redes de servizos e instalacións do inmoble.

Doutra banda, Rivas, sinala que a través deste programa “estanse a poñer en marcha un conxunto de actuacións que recuperen e rehabiliten o patrimonio histórico de Redondela”, un patrimonio, recalca, “que corre un grave perigo de deterioro e, polo tanto de desaparición e que inclúe xacementos arqueolóxicos, casas históricas ou cemiterios de alto valor histórico e patrimonial”. Neste último caso subliña a alcaldesa a importancia da recuperación do Cemiterio de Eidos, “que permite facer un percorrido pola historia de Redondela e das persoas que contribuíron a que o municipio sexa hoxe o que é”.