Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela e Cesantes acollen, esta fin de semana, as dúas últimas proxeccións do ciclo 'O Cinema da Memoria'

Concello de Redondela
09-07-2021
0
Redondela e Cesantes acollen, esta fin de semana, as dúas últimas proxeccións do ciclo

Mientras dure la guerra de Amenábar o venres 9 de xullo e o documental Aillados o sábado 10, pechan a actividade organizada pola Concellería de Normalización Lingüística. A Alameda Castelao de Redondela acolle, este venres 9 de xullo, a proxección da película de Alejandro Amenábar, Mientras dure la guerra, pertencente ao ciclo ‘O Cinema da Memoria’ posto en marcha pola Concellería de Normalización Lingüística, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, e que busca “lembrar a escuridade da ditadura franquista para que tempos terribles como eses non se volvan a repetir”.

O ciclo, que xa proxectou A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro rematará o sábado 10 de xullo no campo de San Pedro, en Cesantes, co documental Aillados. Todas as proxección desenvolveranse en horario de 22:30 horas.

A alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, insiste na necesidade de iniciativas como esta que sigan poñendo o foco de atención sobre a necesidade de protexer o sistema democrático “a única forma de garantir un estado social que protexa aos débiles fronte aos abusadores, que fomente a cultura, a educación en valores humanos e a liberdade dos pobos”.