Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Oradoiro formativo: ¿Sabes que é a discapacidade sensorial?

Concello de Redondela
04-06-2018
0
Oradoiro formativo: ¿Sabes que é a discapacidade sensorial?

Este venres día 4 de xuño o Concello de Redondela xunto coa asociación Xoga organizan un oradoiro formativo chamado "¿Sabes que é a discapacidade sensorial?"

Será ás 20:00 horas no Multiusos A Xunqueira. A entrada será de balde e ata completar o aforo.

Co obxecto e mellorar e facilitar a accesibilidade das persoas con problemas auditivos, o concello de Redondela ven de implementar unha serie de actuacións de tipo técnico e formativo. Cómo exemplo a recente instalación de dous bucles magnéticos que facilitan o uso dos audífonos no Multiusos e no edificio do concello, ou a formación para que os funcionarios teñan noción de linguaxe de signos que faciliten a comunicación coas persoas xordas.

Este obradoiro enmárcase dentro dun programa que conta con varias liñas de actuación.
O Concello dispón tamén dun servizo de intérprete de Lingua de Signos para poder comunicarse con persoas xordas.

A estas iniciativas hai que engadir medios físicos, como material escrito e dispoñible en formato dvd e unha axeitada sinalización nos edificios públicos.

A edil de servizos sociais, Carmen Amoedo explica que "con estas actuacións perséguese que as persoas con disparidade auditiva poidan realizar xestións no noso concello e gozar das actividades culturais que se organizan".