Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela inaugura unha nova zona de xogos infantil inspirada na tradición ferroviaria da vila no Parque Infantil Xohana Torres

Concello de Redondela
07-03-2023
0
Redondela inaugura unha nova zona de xogos infantil inspirada na tradición ferroviaria da vila no Parque Infantil Xohana Torres

O Concello sustituiu a antiga zona de casetas por unha estrutura de madeira en forma de tren que serve a modo de xogo e que se completa con merendeiros e bancos novos. A intención é levar unha figura importante para a vila, como é o tren, aos máis pequenos/as e de Redondela e que poidan gozar dunha istalación distinta e personalizada solo para eles/as. O Concello de Redondela inaugura unha nova zona de xogos infantil inspirada na tradición ferroviaria da Vila. Esta está composta por unha estructura de xogo en forma de tren, xunco con mereindeiros e bancos novo,s e sitúase exactamente debaixo do viaduto que pasa por riba do parque Parque Infantil Xohana Torres.

A Coca Simona, xunto cunha zancuda de Troula Animación e a alcaldesa Digna Rivas foron os encargados de inaugurar o parque que, segundo a rexidora “ten a intención de levar unha figura importante para a vila, como é o tren, aos máis pequenos/as e de Redondela e que poidan gozar dunha istalación distinta e personalizada só para eles/as”.

o parque estaba cheo de ledicia e a Coca Simona, xunto coa monitora de Troula Animación encargáronse de entreter e divertir os nenos e nenas que se achegaron coa súa familia á inauguración. O Parque Xohana Torres estaba a rebordar e pode dicirse que “a estrea deste novo xogo foi todo un éxito”.

O controvertido parque, famoso por ser o fogar do “Mono Paco” durante anos, estivo exposto a varios cambios progresivos. Primeiro, as casetas que albergaron diferentes animais foron sustituidas por unha zona de recreo con mesas, xa que o concepto de ter “un parque con Zoo incluído” foi quedando obsoleto de forma natural co paso do tempo. En palabras da alcaldesa, Digna Rivas, “queremos que o parque siga sendo de uso Infantil e para todas as familias de Redondela. O motivo deste novo proxecto non é outro que engadir unha figura representativa para os nenos e nenas e seguir mellorando e aumentando as instalacións do parque”.