Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello anima á veciñanza a participar das clases de tai chi que se imparten en Chapela e Redondela

Concello de Redondela
06-07-2022
0
O Concello anima á veciñanza a participar das clases de tai chi que se imparten en Chapela e Redondela

As clases, totalmente gratuítas, non precisan de inscrición previa “tan só é preciso animarse e presentarse na Alameda Castelao ou no multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, animou hoxe á veciñanza a participar nos cursos gratuítos de tai chi que, durante os meses de xullo e agosto, se desenvolverán na Alameda Castelao de Redondela e no Multiúsos do Piñeiral do Crego.

As actividades, que xa comezaron, contan cun gran número de participantes que, como explica a rexedora local “ben coñeceron de anos anteriores os enormes beneficios da práctica do tai chi ou ben animáronse logo de falar cos seus veciños e veciñas”.

Digna Rivas lembrou que, como actividade gratuíta “calquera persoa pode participar en calquera momento, tan só é preciso presentarse no lugar das clases con roupa e calzado cómodo e comezar a gozar dos múltiples beneficios destes exercicios de orixe chinés”.

Esta práctica milenaria ofrece relaxación, reduce o estres e a ansiedade á vez que mellora a flexibilidade do corpo e o equilibrio da mente. Tal e como está demostrado, a práctica do tai chi, a pesar de ser de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais de mellorar o andar e aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.

A práctica do Taichi realizase de pe. Os brazos úsanse para realizar movementos que van dende simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Amais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Axudan a diminuír a frecuencia cardíaca pero, ao mesmo tempo, melloran a circulación.