Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Admitid@s no programa municipal de conciliación 2019 Convocatoria VERÁN

Concello de Redondela
13-06-2019
0
Admitid@s no programa municipal de conciliación 2019 Convocatoria VERÁN

A Concellaría de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, organiza o PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN 2019 - CONVOCATORIA VERÁN.

 LISTAXE DE ADMITID@S

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de verán (mes de xullo), ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións.

Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase nesta ocasión para menores de 3 a 14 anos. Terán que ter cumpridos os 3 anos no momento da convocatoria.

Tamén se sigue incluíndo un número de prazas paramenores con necesidades educativas especiais, casos nos se avaliará cada solicitude de maneira individual.

O Programa desenvolverase o mes de xullo de 2019, en horario de 09.00 a 14.00 horas, nas seguintes parroquias:

  • Cabeiro: Centro cultural de Cabeiro, con 15 prazas.
  • Cedeira: Centro cultural de Cedeira, con 30 prazas.
  • Cesantes: Círculo cultural de Cesantes, con 15 prazas.
  • Chapela: Asociación Cultural Cidadelle, con 15 prazas.
  • Chapela: Multiúsos, con 15 prazas.
  • Negros: Asociación de veciños de Negros, con 30 prazas.
  • O Viso: Antiga Escola de Tuimil, con 15 prazas.
  • Reboreda: Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, con 15 prazas
  • Redondela: Multiúsos, con 30 prazas.
  • Redondela: Pousadouro, con 45 prazas.
  • Saxamonde: Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde, con 30 prazas.
  • Ventosela: Asociación deportivo cultural Miñoteira, con 15 prazas.
  • Vilar de Infesta: Centro cultural de Vilar de Infesta, con 30 prazas.

Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello de Redondela a ficha de solicitude de participación e documentación anexa, que se poderá descargar da páxina web do Concello ou recoller nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).

A listaxe de admitidas/os será publicada o 18 de xuño na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.

 

 NORMATIVA DO PROGRAMA


Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.