Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Problemas no alumeado da rúa Ernestina Otero

Concellaría de Medio ambiente. Concello de Redondela
08-10-2020
0
Problemas no alumeado da rúa Ernestina Otero

Medio Ambiente informa que os problemas de alumeado da Rúa Ernestina Otero, Campo da Petanca e Rúa Miña débense a unha avaría grave que precisará do levantamento de partes da beirarrúa para o su arranxo.

A Concellería de Medio Ambiente, da que depende o alumeado público, informa que os fallos no alumeado de parte da Rúa Ernestina Otero, Campo da Petanca e Rúa Miña veñen orixinados por unha avaría grave no cableado soterrado que transcorre polas beirarrúas da rúa Ernestina Otero.

No transcurso destes días electricistas do departamento veñen traballando para tentar de solucionar a avaría facendo varias probas. Por este motivo, no transcurso destas xornadas, o alumeado se atopaba acendido polo día. Nestes momentos, despois da última proba realizada hoxe, xa se ten localizado o problema; pero seu arranxo non vai ser a curto prazo, debido á necesidade de facer obras na beirarrúa para chegar ata onde se atopa a avaría. Empalmes no cableado que se atopan debaixo das pedras fora da caixa de rexistro que van a dificultar a reparación.

Un dos grandes problemas que van a dificultar a reparación deste alumeado público ven por unha mala execución da obra de remodelación da rúa Ernestina Otero hai unha década. Cabe destacar que nos últimos anos se tiña constancia desta situación e non se lle buscou solución.

Sen ningún tipo de criterio profesional aparente, non se entende como se realizaron empalmes no cableado fora das arquetas destinadas a tal fin e despois se lles colocaron enriba baldosas de pedra. Existen sobre sete puntos no percorrido desta liña eléctrica con esta situación. Para solucionar esta anomalía será preciso picar e retirar parte do empedrado da rúa e a colocar novas arquetas de rexistro ademais de repoñer máis de 500 metros de cable.

Debido á complexidade da actuación non se pode definir unha data para o remate da reparación. Dende a Concellaría de Medio ambiente queren avisar, ademáis, de que durante este tempo haberá luminarias que se manterán apagadas para evitar que caia a liña enteira deixando varias rúas sen luz.