Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela presenta a programación cultural do Inverno 2023 coa novidade dos ciclos gratuítos de ‘Saúde e Benestar’ e de ‘Maxia Infantil’

Concello de Redondela
09-02-2023
0
Redondela presenta a programación cultural do Inverno 2023 coa novidade dos ciclos gratuítos de ‘Saúde e Benestar’ e de ‘Maxia Infantil’

Ademais, este ano é o 40 aniversario de Tanxarina, polo que ten un oco especial cada mes para representar as súas obras máis míticas e populares. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, presentan a programación cultural Inverno 2023 que abarca dende o mes de febreiro ata o 6 de maio e na que o Concello mantén a súa firme aposta polo teatro, tanto adulto como infantil. Este ano é o 40 aniversario de Tanxarina, polo que ten un oco especial cada mes para representar as súas obras máis míticas e populares.

As novidades deste ano inclúen o ciclo ‘Cultívate, Ciclo de Saúde e Benestar’, onde ofrécense durante 4 meses charlas sobre alimentación saudable, pero tamén de expresión corporal e escritura creativa coa intención de usar o poder desta de forma terapéutica. En definitiva, un ciclo para cultivar a mente e o corpo. Todos os obradoiros son gratuítos, trabállanse en grupo, invitado á dinámicas e impulsando a participación activa e o movemento. Outro dos puntos novidosos da programaicón é o Ciclo de Maxia Infantil da mán de distintos profesionais como o Mago Dani Polo (26 de febreiro), Mago Tomico (5 de marzo) e o Mago Noel (16 de abril) que se impartirán no auditorio da xunqeira de balde.

Dentro do programa, tal e como explicaba a alcaldesa Digna Rivas, inclúense actividades “que pola súa importancia lúdica, como é o Entroido; reivindicativa como os actos do 8 de Marzo ou tradicional como o Día dos Maios, desenvolverán un guión de actividades propias e diferenciadas que se darán a coñecer oportunamente”.

A alcaldesa, que agradeceu “o traballo realizado pola Concellería de Cultura para dar forma a un programa variado e con actividades para todos os públicos”, puxo o foco de atención na “firme aposta” que se segue a facer dende o Concello polo teatro tanto adulto como infantil.

O teatro adulto ocupa tamén un lugar destacado no programa cco Ciclo ‘Vive o teatro’ no que se representarán distintas obras de distintas compañías ao longo dos próximos meses. Este vindeiro 11 de febreiro comezan coa obra ‘De algo hai que morrer’ da agrupación Malasombra Producións.

No que aos actos máis inmediatos fai referencia, amais da xa sinalada posta en escena de 'De algo hai que morrer' o 12 de febreiro, no auditorio do multiúsos da Xunqueira, terá lugar a representación de teatro infantil ‘As bombas e o xeneral’, da compañía redondelá Tanxarina para celebrar o seu 40 aniversario. O prezo das entradas será de 3 euros.