Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Presentación dos resultados da análise da situación da Enseada de San Simón realizada no marco do proxecto ZOSTECO

Concello de Redondela
15-11-2021
0
Presentación dos resultados da análise da situación da Enseada de San Simón realizada no marco do proxecto ZOSTECO

O proxecto ZOSTECO liderado pola Universidade de Vigo e no que participa o Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria, organiza, en colaboración co Concello de Redondela, unha xornada de presentación dos resultados obtidos, entre os que se atopan as acción consensuadas para garantir a convivencia entre as pradarías mariñas e as actividades humanas que nelas se desenvolven. A xornada terá lugar o mércores 17 de novembro ás 17.30 h no Auditorio do Concello de Redondela. O proxecto se desenvolve co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP)

O proxecto ZOSTECO ten como obxectivo avaliar, cartografar e explorar os potenciais conflitos e sinerxías que se establecen entre as pradarías mariñas e as actividades humanas, coa finalidade de aportar coñecemento cara á mitigación dos impactos que se derivan destas e camiñar cara a unha mais axeitada xestión do espazo natural da Enseada de San Simón. O proxecto ten sintetizado os traballos publicados sobre a zona e explorado o coñecemento acumulado por las persoas que desenvolven a súa actividade neste espazo natural.

Na xornada presentaranse os resultados mais salientables acadados no proxecto, a percepción social sobre o estado da enseada, sobre os impactos mais relevantes aos que está sometida e sobre o valor da mesma, e consensuarase unha proposta de accións de mellora para a xestión da Enseada que será remitida aos responsables implicados na toma de decisións de cada unha das medidas propostas. Finalmente, debaterase sobre as novas liñas de traballo que deberán abordarse no futuro.