Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Presentación na Biblioteca de Chapela dun libro solidario

Bibliotecas de Redondela
02-05-2018
0
Presentación na Biblioteca de Chapela dun libro solidario

O venres 4 de maio, ás 20:00 h. teremos na Biblioteca de Chapela a presentación do libro solidario "Elefantes de Papel".

O libro é un compendio de 52 relatos curtos en galego e castelán, escritos conxuntamente por Berto Pirata e mais por María Salinas e ilustrados por Humberto Ademar Farias Igrexas.

A finalidade desta miscelánea de relatos é crear unha vaga de solidariedade. O libro vai ser presentado nun total de 50 localidades de toda Galicia (e noutros lugares da Península). Para iso, os autores doarán á asociación Conrazones da Guarda un euro das vendas de cada libro, e, a maiores, outro euro ao colectivo, ONG ou asociación da localidade onde presenten. Co recadado ao final da aventura anunciarán unha sorpresa solidaria na súa páxina de Facebook.

Neste caso, os autores achegaranse á Biblioteca de Chapela da man da asociación redondelana Andaina, para a que se destinará parte dos beneficios do libro.