Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Problemas na Iluminación pública polo paso do Hortensia

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
25-01-2021
0
Problemas na Iluminación pública polo paso do Hortensia

A Concellaría de Medio ambiente avisa á veciñanza de corte de luz en diversas rúas por mor do arranxo das instalacións lumínicas.

A causa do paso do temporal Hortensia, o concello de Redondela sufriu diversas roturas e avarías na rede de iluminación pública. Isto deu lugar a deficiencias eléctricas e cortes de luz xeralizados ó longo das 13 parroquias: moitos saltos diferenciales quedaron avariados e isto fixo que moitas das liñas non funcionen.

Dende o Servizo eléctrico municipal avisan que as diferentes actuacións que levarán a cabo para reparar a iluminación pública, ó longo destes días, poden facer que a veciñanza se atope con diferentes situacións: haberá liñas que permanezan apagadas temporalmente para poder levar a cabo a súa reparación ó completo; e haberá liñas que, aínda que se consigan manter levantadas, presenten luminarias avariadas. A prioridade do servizo eléctrico é ofrecer os maiores puntos de luz posibles e compaxinalo co arranxo de liñas enteiras.

O Concelleiro de Medio ambiente, D. Roberto Villar Rodríguez, apunta que "A intención do grupo de traballo do servizo eléctrico é repoñer e arranxar toda-las liñas e as súas luminarias o máis pronto posible; levamos traballando a reo toda a fin de semana neste tema, pero a cantidade de averías e a súa complexidade, fai que teñamos que adoptar medidas diferentes e algo molestas para arranxalas. Estas medidas fará que, durante uns días, a veciñanza note fallos na iluminación pública do noso concello. Lamentamos os problemas que isto poda causar, e agardamos que esta situación dure o menor tempo posible".