Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela reafirma no 8M o seu compromiso irrenunciable “coas mulleres, a defensa dos seus dereitos e as políticas de igualdade”

Concello de Redondela
09-03-2023
0
Redondela reafirma no 8M o seu compromiso irrenunciable “coas mulleres, a defensa dos seus dereitos e as políticas de igualdade”

Redondela reafirma no 8M o seu compromiso irrenunciable “coas mulleres, a defensa dos seus dereitos e as políticas de igualdade”. A alcaldesa Digna Rivas presidiu o acto institucional no que o manifesto foi lido por Lorena Rodriguez, veterana do equipo Sarillas de Balonmán e membro de Protección Civil; Cruz Bastos empresaria de Redondela e Paula Amoedo, artista gráfica e visual. Todas elas participantes do programa de radio municipal ‘As mulleres contan, percorrendo camiño’. O Concello de Redondela realizou o acto institucional no Multiusos da Xunqueira debido ao mal tempo. Alí leron o manifesto Lorena Rodriguez, veterana do equipo Sarillas de Balonmán e membro de Protección Civil; Cruz Bastos empresaria de Redondela e Paula Amoedo, artista gráfica e visual. Todas elas participantes do programa de radio municipal ‘As mulleres contan, percorrendo camiño’. O manifesto comezaba así: “Son moitos os avances acadados dende aquel 8 de marzo de 1857 cando a brutalidade policial acabou coa vida de 120 mulleres que protestaban polas condicións laborais da fábrica textil onde traballaban en Nova Iork. Dende entón persisten as desigualdades, a discriminación e a violencia ás mulleres polo feito de ser mulleres. Seguimos loitando cada día pola igualdade real en todos os ámbitos da vida”. E remataba cunha lista de obxectivos aos que se compromete o Concello de Redondela pois “temos a obriga de seguir construindo unha sociedade igualitaria, garantindo o dereito de todas as persoas e a súa participación activa na vida local e rachando co modelo sexista. Estes compromisos débense plasmar no deseño e xestión das políticas locais para convertilas en motores de transformación. E é por iso polo que as agrupacións municipais de Redondela propoñemos: Intensificar esforzos no desenrollo de políticas encamiñadas a fomentar o empleo, o empoderamento e a educación para a igualdade de oportunidades; Incorporar a perspectiva de xénero en toda a actividade local e establecer unha coordinación adecuada entre as diversas áreas dos gobernos locais; Actualizar os sistemas e protocolos de actuación no desenrolo das políticas de igualdade en coordinación con todas as entidades implicadas;  Plantexar sistemas de recopilación de datos desagregados para comprender e abordar as desigualdades de xénero para que, da súa análise, poidamos ofrecer unha resposta apropiada e eficaz; Sumarnos e invitar a toda a Cidadanía a participar nos actos organizados co motivo do 8M, así como aquelas accións e iniciativas que reivindiquen a igualdade e contra a violencia contra as mulleres, O Concello de Redondela promocionará as mobilizacións convocadas polo feminismo galego entre as traballadoras públicas municipais e a toda a veciñanza do Concello.

A alcaldesa, Digna Rivas, tamén quixo dedicar unhas palabras nas que destacou que “son aínda moitos os obxectivos por alcanzar, os obstáculos a superar e os desafíos que temos por diante e por iso, hoxe 8 de marzo, reivindicamos a necesidade de unir forzas e apelamos á gran alianza de todas as mulleres progresistas e do movemento feminista deste país”. E  como é habitual, quixo deixar claro que “esta reivindicación non pode quedar cinguida a un so día ao igual que a loita pola igualdade non pode quedar limitada a actos puntuais. É importante Traballar a prol da igualdade non só a través de celebracións ou conmemoracións, senón tamén no noso día a día e nas actividades cotiás que desenvolvemos”.

O manifesto institucional “un compromiso irrenunciable deste Goberno con todas as medidas que permitan acadar unha igualdade real e efectiva como única forma de conseguir unha sociedade xusta”, conclúe Digna Rivas.