Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Rematados os traballos de mellora e adecuación do Camiño dos Quinteiros en San Estevo de Negros

Concello de Redondela
13-10-2021
0
Rematados os traballos de mellora e adecuación do Camiño dos Quinteiros en San Estevo de Negros

Os traballos foron incluídos polo Concello no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcela agrícola 2021-2022 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). O Concello de Redondela deu por rematadas as obras de mellora e adecuación do Camiño dos Quinteiros, na parroquia de San Estevo de Negros, traballos cos que se busca mellorar a accesibilidade viaria e, dese xeito, contribuír á mellora da calidade de vida da veciñanza que habita na zona de influencia dos traballos.

A actuación de mellora desenvolveuse nun treito de preto dos 500 metros (486,74) –entre o camiño de Negros e o Camiño da Lameira– e cunha largura media de 5,32 metros. Tal e como sinala o informe técnico, o camiño posuía unha capa de rodadura en aglomerado e atopábase cun alto grao de deterioro.

Tralos traballos previos de adecuación do sistema de drenaxe e saneamento de tramos de plataforma e estendido e compactado de zahorra, procedeuse ao estendido e compactado dunha capa de rodadura de 6 cm de espesor, segundo tramos, con mestura bituminosa en quente, incluíndo aplicación de rego de adherencia.

A superficie a pavimentar abrangueu todo o ancho da calzada dende o limite das propiedades, muros ou cunetas e, unha vez asfaltado, púxose á nova cota de tapas de pozos, reixas e arquetas de rexistro. As obras foron incluídas no Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a parcela agrícolas 2021-2022, promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que visitou o estado das obas acompañada do concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, subliñou a importancia destas obras “que melloran as comunicacións, facilitan á vida á veciñanza e contribúen a vertebrar o municipio”.

“Non se trata de obras illadas –puntualiza a rexedora redondelá– senón dun plan global que desenvolve a Concellería de Vías e Obras e que ten como finalidade que as nosas parroquias poidan contar cunhas estradas e camiños adecuados ás necesidades das veciñas e veciños”.