Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Vías e Obras remata as obras de mellora do Camiño das Petadas en Cesantes

Concello de Redondela
16-02-2022
0
 A Concellería de Vías e Obras remata as obras de mellora do Camiño das Petadas en Cesantes

Os traballos, que melloran ás condicións de seguridade viaria tanto rodada como peonil, están incluídos dentro do plan integral de mellora da rede viaria que desenvolve o Goberno local

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela que dirixe Vicente Lamas, vén de dar por rematados os traballos de acondicionamento, mellora no drenaxe e pavimentación no Camiño das Petadas, na parroquia de Cesantes, obra incluída no plan integral de mellora da rede viaria municipal que, dende a súa chegada ao Concello, desenvolve o Goberno que preside Digna Rivas.

Para o desenvolvemento das obras fíxose preciso o traballo previo de limpeza de cunetas e noiros do camiño e o posterior varrido do firme existente para, posteriormente, realizar o rego de adherencia.

Unha vez realizados os traballos previos, procedeuse ao asfaltado da capa de rodadura con aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor final e a súa compactación con medios mecánicos nunha superficie total de 584 metros cadrados.

Finalmente, realizáronse pequenas obras de fábrica e drenaxes necesarias para a conservación do camiño e a instalación de tres tapas de rexistro.

Os traballos realizados buscaban a mellora, non só da accesibilidade ás vivendas situadas na contorna, senón da seguridade tanto da circulación rodada como peonil.