Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Creación do Rexistro de Artistas Locais

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela.
01-11-2019
0
Creación do Rexistro de Artistas Locais

Desde a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Redondela créase un Rexistro municipal de Artistas locais, para poder difundir, apoiar, coordinar e facer visibles a todas as persoas que no noso municipio fan que Redondela creza culturalmente grazas a súa arte.

Esta iniciativa parte da Concellería de Cultura do goberno municipal co fin de ter rexistrados os datos reais do municipio.

Queremos facer un chamamento aos/ás artistas locais do noso Municipio, poñendo en marcha un Rexistro municipal de Artistas locais, co obxecto de coñecer o número de entidades existentes, diversidade cultural e estilos, mellorar as relacións entre estas e o Concello facilitando así a súa contratación e participación por parte deste Concello, fomentando así a visibilización das nosas artistas locais.

A quen vai dirixido este chamamento? Ás persoas ou grupos que traballen no campo artístico en xeral: musical, teatral, cinematográfico, fotográfico, pictórico, escultórico…

Como facelo? Enviando un mail a cultura@redondela.gal cos seguintes datos:

 Nome do/a artista ou Grupo
 Tipo de arte (musical, pictórico, teatral, etc)
 Descrición do estilo artístico
 Integrantes
 Links a vídeos ou imaxes propias
 Contacto (teléfono, mail, redes Sociais)