Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Novo Roteiro esta fin de semana

Concello de Redondela
25-04-2019
0
Novo Roteiro esta fin de semana

Esta fin de semana retomamos os roteiros para coñecer o Patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela, será o sábado 27 de abril pola noite, e voltaremos aos petróglifos da Pedreira (Ventosela), a descubrir todos os misterios que agochan.

Retomamos os roteiros para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela.

O roteiro coma sempre será de balde, promovido polo Concello de Redondela, e guiado por Xurxo Constela, arqueólogo da empresa “A CITANIA, Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio”.

Recomendamos acudir con calzado cómodo, levar linterna, unha pequena mochila con hidratación e roupa impermeable por se fose necesario. Está aberto a todas as idades, e sempre que vaian debidamente aseguradas con colar ou boceira se é necesario, poderán acompañar as mascotas.

Con preinscrición no teléfono 600381782

Promove o Concello de Redondela