Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concellería de Seguridade e Policía Local chegan a un acordo que da resposta as “lexítimas reivindicacións” do colectivo policial

Concello de Redondela
26-07-2021
0
Concellería de Seguridade e Policía Local chegan a un acordo que da resposta as “lexítimas reivindicacións” do colectivo policial

O borrador do documento foi presentado o venres ao Comité de Empresa para presentalo, na vindeira semana, á Mesa de Negociación. A Concellería de Interior e Seguridade, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, e a Policía Local de Redondela chegaron, esta semana, a un principio de acordo –plasmado nun borrador– polo que se da resposta ás “lexítimas reivindicacións” do colectivo policial no que fai referencia á compensacións por nocturnidade e festividades “algo que veñen reclamando dende hai anos sen que ninguén lles escoitara”, afirma.

“Dende o primeiro día en que asumín as competencias de Interior e Seguridade Cidadá –recalca a alcaldesa– mantiven reunións, a través o Comité de Empresa e Mesa de Negociación, “para atopar unha solución, o máis rápida posible, a un asunto que facía referencia a algo tan sensible como a seguridade cidadá”.

Rivas subliñou que circunstancias como as dadas nestes pasados días, en que o servizo quedou sen persoal, “e que non se poden volver a repetir”. En todo caso, a alcaldesa e concelleira de Seguridade subliñou que esa “circunstancia extraordinaria” viu dada por baixas laborais de ultima hora e que, polo tanto, eran impredecibles.

Nese sentido a alcaldesa e concelleira de Seguridade adiantou que, en colaboración co xefe da Policía Local, elaboráronse cadrantes semestrais “nos que se recollan todas as posibles incidencias que se poidan dar e que, polo tanto, permitan que o servizo estea sempre atendido”.

O traballo realizado nestes días permite que, en menos dunha semana, se dea solución a un problema que vén de moitos anos atrás e que quede plasmado nun borrador que, segundo explicaba a alcaldesa de Redondela, “presentouse o venres 23 ao Comité de Empresa para, na vindeira semana e logo dos preceptivos informes técnicos –dado que algúns dos temas repercuten no resto do funcionariado–, ser levado á Mesa de Negociación.

Outra das medidas urxentes adoptada pola Concellería de Interior e Seguridade foi a de reforzar o cadro de persoal con catro novos auxiliares de Policía que comezaron a traballar a mediados desta semana “e que foron solicitados no mesmo momento en que asumín as competencias de Seguridade”, aclara Digna Rivas.