A Infancia e a Adolescencia de Redondela faise escoitar no VII Encontro Estatal de Consellos de participación infantil e Adolescente
Representantes de Axentes do Cambio participan no Encontro Estatal de consellos de participación infantil e adolescente: #NuestroFuturoNuestrasIdeas. A Infancia e a Adolescencia de Redondela faise escoitar no VII Encontro Estatal de Consellos de participación infantil e Adolescente que, organizada por UNICEF, se celebrou en Cáceres esta fin de semana A voz de tres representantes de Axentes do Cambio, o grupo de participación infantil e adolescente do noso concello, deixouse oír esta fin de semana no encontro, no que participaron preto de 180 rapaces e rapazas de toda España.
Unha xuntanza múltiple e complexa, onde durante toda a fin de semana Xía, Alma e Antía, as nosas representantes redondelás, debateron xunto con outros 177 rapaces, rapazas e adolescentes de 15 comunidades autónomas, arredor dos retos da nosa sociedade cara ao futuro.
Saúde mental, medio ambiente, educación, desigualdade ou pobreza foron os temas que se trataron, a través de diversas dinámicas e mesas de traballo. Ao cabo, “Que sentido ten pedir un cambio sen contar coas persoas que vivirán as consecuencias?”.
Froito deste intercambio de ideas e puntos de vista chegáronse a unhas conclusións, que veñen de ser plasmadas nun Manifesto, que servirá para facer incidencia nas políticas locais, autonómicas e estatais.
Dende Unicef e mais dende o Concello de Redondela lembramos que a participación de nenos, nenas e adolescentes é un dereito, e que este está recollido na Convención dos Dereitos do Neno e da Nena.
![]() |
![]() |
![]() |
||
As nosas representantes xunto con rapaces e rapazas doutros consellos | As nosas representantes Xía, Alma e Antía, durante a cea do Encontro | Imaxe do Encontro |