Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

«20.000 leguas de lectura divertida»… Xules Verne anima a explorar na ciencia á rapazada de Chapela

ImagenNoDisponible

Este xoves a Biblioteca Xela Arias celebrou un animado e divertido obradoiro de ciencia, da man de Ciencia Divertida.

Nenos e nenas entusiastas, de entre 6 e 12 anos, encheron as inscricións, que deixaron en moi pouco tempo de estar dispoñibles. Os participantes gozaron dunha tarde moi animada curioseando na vida e na obra de Jules Verne e vivindo experimentos científicos moi interesantes.

As bibliotecas quixemos facer, con este obradoiro, unha chiscadela de recordo e recoñecemento a un persoeiro, Jules Verne, tan querido en Redondela, por incluir a enseada de San Simón na súa famosa obra «20.000 leguas de viaxe baixo os mares».

Os monitores do obradoiro

Velaquí un dos momentos máis emocionantes da actividade

O taller gustou moito aos participantes, que gozaron do aprendido e quedaron con gañas de moito máis.

A biblioteca dispuxo para o obradoiro dun gran número de libros do seu fondo sobre Jules Verne e tamén sobre ciencia adaptados ás idades do grupo.

A actividade tivo lugar na biblioteca grazas ao programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Compartir