Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Refuxio de la Jerezana

Busca

O albergue conta cun total de 34 prazas. 24 prazas en 12 liteiras en habitación compartida con 4 baños compartidos. Os 4 baños son mixtos e individuais. 3 habitacións dobre cos seus respectivos baños privados. Un cuarto cuádruplo con baño privado.

A reserva pódese facer como tipo albergue (entregaríanse as sabas ao cliente para que el mesmo preparase a súa habitación) ou tipo pensión (a habitación entrégase totalmente equipada coas camas feitas e toallas). Todas as reservas inclúen as súas respectivas sabas e toallas, pero en caso de reserva tipo albergue hai que solicitar o servizo.

Cociña de uso libre con utensilios, neveira, microondas, lavadora (4€), secadora (4€), tendal, garaxe cuberto e pechado para bicicletas, alugueiro de bicicletas, leira para cabalos (+10€), xardín con hamacas, servizo de bebidas, grella, ordenador con Internet, wifi, biblioteca con xogos de mesa, armarios, mantas, servizo de comida, cea e almorzo. Acéptanse mascotas (en habitación privada, +10€). Adaptado para persoas con mobilidade reducida. Caixa de primeiros auxilios. Dispoñemos dun menú do día que consta de dous pratos, sobremesa e unha bebida (12€/persoa).

O almorzo é cortesía da casa. A maiores, contamos tamén cun almorzo reforzado (baixo petición). Dispoñemos de servizo de masaxe no propio albergue. Servizo de taxi.

Compartir