Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A concellería de Parques e Xardíns denuncia actos de vandalismo nos parque infantís

A concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Pedro Villaverde, denunciou na Policía Nacional varios actos de vandalismo en parques infantís do municipio. Un deles foi no parque do paseo da Xunqueira, ao carón do Xulgado, onde esta semana apareceu roto un balancín dobre. Operarios municipais precintaron o xogo e retiraron as partes rotas do elemento, para evitar posibles danos. Tamén se rexistraron actos vandálicos no parque infantil da praia da Punta, en Cesantes, onde apareceron rotos tres módulos de xogos “que xa se están a reparar”, informa Villaverde. No caso do balancín roto no parque da Xunqueira, a Policía Nacional entregou onte ao Concello varios elementos deste xogo que lle foron incautados a unha persoa que está a ser investigada. A reparación deste balancín ascende a uns 200 euros. Desde o goberno local lamentan que este tipo de actos vandálicos se estean a producir de xeito recorrente “xa que estas reparacións supoñen un gasto importante para as arcas municipais”. No caso dos elementos rotos nos parques infantís, estes actos supoñen ademais “un prexuízo para os nenos e nenas que se ven privados destes xogos”, engade o concelleiro.

Compartir