Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Cultura

A área de Cultura do Concello de Redondela encárgase de organizar e contratar as actuacións culturais do municipio e dinamizar os grupos e actividades da zona.

Contacta

– O compositor e pianista presentou o concerto do próximo sábado, día 13, xunto a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, e destacou “o privilexio de poder ofrecer as súas versións da música tradicional galega nun lugar máxico como esta carballeira”.

– O concerto comezará ás 22.00 horas e contará coa colaboración de Cristina Suárez á voz, e nel presentarán algúns temas do seu novo traballo como “María Soliña”.Antes do concerto, ás 21.30, terá lugar a presentación da Asociación de Amigos do Carballo das Cen Pólas.

Este sábado, día 13, a finca do Carballo das Cen Pólas en Reboreda acollerá un dos pratos fortes da programación Cultural de Verán do Concello de Redondela. O compositor e pianista Alberto Vilas ofrecerá neste enclave natural un concerto ás 22.00 horas con temas do seu último traballo “Once cancións e unha danza”. O compositor explica que para este traballo afondou nas súas raíces redondelás para dedicar unha das pezas, “A danza das Espadas”, a unha das tradicións locais máis arraigadas na vila, como é a Danza das Espadas da Festa da Coca. O repertorio inclúe tamén temas da música tradicional galega como «A Rianxeira», “Ven bailar Carmiña” ou «Catro vellos mariñeiros», entre outras. O artista redondelán, que presentou o concerto na emblemática finca de Reboreda xunto a alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, destacou que é “un privilexio” poder ofrecer estas versións da música tradicional galega “nun lugar máxico como esta carballeira”. Rivas destacou tamén a aposta do goberno local por celebrar as actividades en diferentes localizacións do municipio “para que a oferta cultural chegue ás distintas parroquias”. Pérez Táboas confía en que este concerto, e o resto da programación de verá sexa “un éxito” xa que desde a concellería de Cultura apóstase “polo talento local, xa temos grandes artistas como é o caso de Alberto Vilas e seguro que tanto a veciñanza como os visitantes disfrutarán deste concerto”

No recital o músico contará coa colaboración de Cristina Suárez á voz e avanzou que lle farán “algún agasallo ao público” e que presentarán algúns temas do novo traballo que están a preparar como unha versión de “María Soliña”. Vilas fai un balance moi positivo da acollida que “Once cancións e unha danza” está a ter entre o público desde que se presentou o disco, en decembro do ano pasado, xa que xente “emociónase e sorpréndense” coas versións que fai de temas populares galegos, e defende que “a tradición tamén hai que renovala e refrescala”.

Presentación da Asociación de Amigos do Carballo das Cen Pólas

Antes do concerto, ás 21.30, o recinto acollerá a presentación da Asociación de Amigos do Carballo das Cen Pólas. O novo colectivo ten entre os seus obxectivos “a defensa do patrimonio natural e etnográfico que rodea a figura do Carballo das Cen Pólas”. Lembran desde a asociación que á sombra deste carballo estiveron grandes personalidades como Emilio Castelar, Valle-Inclán ou Juan Manuel Pereira, e propoñen “promover a cultura popular xerada ao redor da figura do Carballo das Cen Pólas”.

– Entre a oferta para este verán contamos cun concerto Alberto Vilas no Carballo das Cen Pólas e a actuación de Sés en Chapela o Día de Galicia.

– As propostas musicais van desde os grupos tradicionais ata o rock, pasando polo blues e certames como o XXVIII Festival de Bandas de Música ou o XII Festival Folk Illa de San Simón.

– O XXV Festival de Artistas de Rúa será o 2 de agosto e o XXV Entroido de Verán o 24 de agosto.

A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, e a alcaldesa Digna Rivas, presentaron a programación musical e artística para este verán. Trátase dunha ampla e variada proposta “con protagonismo para os artistas locais, así como grupos e solistas de recoñecido prestixio”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Os concertos celebraranse tamén en diferentes localizacións do municipio “para que a oferta cultural chegue ás distintas parroquias”.

A programación comeza o 12 de xullo en Chapela co concerto de Crónicas Pop na Alameda Rosalía de Castro ás 22.00 horas. O sábado 13 será o turno do artista redondelán Alberto Vilas, co seu traballo “Once cancións e unha danza” nun concerto no Carballo das Cen Pólas no que contará coa colaboración de Cristina Suárez. O domingo día 14 o protagonismo será para a música tradicional co concerto de Abeleiras na Praza da Casa da Torre.

Os amantes do blues teñen unha cita o venres 19 de xullo co Retroblues+Jay&The Smoking Machines na Praza da Torre ás 22.00. A cita o sábado 20 será en Chapela co XXVIII Festival de Bandas de Música na Alameda Rosalía de Castro.

Na véspera do Día de Galicia, o 24 de xullo, o campo da feira de Redondela acollerá os concertos de Airiños da Peneda e a Banda Artística de Arcade desde as 22.00 horas. O día grande, o 25 de xullo, o protagonismo será para a cantautora galega Sés cun concerto no paseo marítimo de Chapela ás 22.00 horas. O mes de xullo despedirase con música folk por partida dobre: o 27 de xullo co XII Festival Folk Illa de San Simón no paseo da praia de Cesantes desde as 20.00 horas, e os días 27 e 28 de xullo co Encontro Folclórico de Reboreda no torreiro da parroquia.

O mes de agosto abrímolo o día 2 con moita animación polas rúas e prazas de Redondela co XXV Festival de Artistas de Rúa desde as 19.30 horas. O sábado día 3 o paseo marítimo de Chapela acolle o XI Berete Rock desde as 20.30 horas. En Chapela continuará a programación o día 9 con Airiños do Mar de Teis, que actuarán na Alameda Rosalía de Castro ás 22.00 horas. Outras propostas para o mes de agosto son o concerto de Only Cash o día 10 na praza da Torre, Supersonic o día 23 na Alameda de Chapela e a Rondalla de Redondela que pechará a programación de verán co seu tradicional concerto na praza da Torre. Outro dos pratos fortes do mes de agosto será o Entroido de Verán, que celebra a súa XXV edición o 24 de agosto.

A concelleira de Cultura confía en que “tanto a veciñanza como os visitantes disfruten destas actividades, unha programación con música de diferentes e pensada para todo tipo de públicos”.

Chega a Feira do Libro a Redondela!
Do 13 ao 16 de xuño, na Alameda de Castelao.
Presentación de libros, sinaturas e moito máis: espectáculos musicais, teatro, poesía…
Pregón: 13 de xuño, ás 12:30 h., a cargo da escritora Fina Casalderrey
Non faltes!
Xullo 2024
Xul 24
24 Xullo 2024
Campo de la feria de Redondela,Rúa Xeneral Rubín, 14
Redondela,Pontevedra36800España
Agosto 2024
Ago 02
02 Agosto 2024
Alameda de Castelao.,Unnamed Road
Redondela,Pontrevedra36800España

Cultura

Rexistro de artistas locais

Descúbreos

ARTES ESCÉNICAS

DANZA

FOTOGRAFÍA

LITERATURA

MÚSICA

PINTURA

ESCULTURA

Registro de artistas

Por favor, activa JavaScript no teu navegador para completar este formulario.
Privacidade

Compartir