Na Biblioteca Xela Arias de Chapela tamén inauguramos o novo curso con actividades para nenos e nenas de diferentes idades
Contacontos «Unha tarde especial con Dori», con Batucado & Emusin
O martes 19 de setembro, ás 17:00 h.
Para nen@s de 18 meses a 3 anos
Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela ( 986-454-226, bibliotecachapela@redondela.gal).
De balde.
«“Unha tarde especial con Dori” lévanos ó cuarto dunha rapaza moi curiosa e con moita imaxinación. Veremos como Dori prepara algo especial para a súa Avoa polo seu aniversario. Será unha torta? Un debuxo? Ou unha canción? Teremos que acompañala nesta aventura para descubrilo, na cal mediante contos, movemento, música e elementos luminosos nos fará pasar un día máxico.»
Obradoiro «Atrévete a facer o teu propio libro», con Estefanía Padullés
O martes 26 de setembrode 18:00 a 20:00 h.
Para nen@s de 6 a 12 anos
Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela ( 986-454-226, bibliotecachapela@redondela.gal)
De balde.
«Con este obradoiro seremos os autores do noso propio libro. Faremos un álbum ilustrado de principio a fin e sairemos da actividade co noso propio conto baixo o brazo.»
Ambas actividades se realizan na biblioteca a través do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.