Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Rexistro de artistas locais - Música

Alberto López

Músico percusionista profesional. Alberto López Figueroa, Cuchillas, veciño de Reboreda, navegou dende ben pequeno nas músicas tradicionais a golpe de baquetas, pandeiros, pandeiretas,... E todo concentrado, se cabe, nun dominio total da batería.

Co paso do tempo foi descubrindo outras sonoridades doutras culturas (percusión brasileira, africana, latina, efectos sonoros), coñecéndoas e dominándoas para fusionalas, finalmente, coa súa bagaxe musical tradicional. Pero sempe ó seu estilo coherente e innovador.

Recoñecido percusionista dentro das terras galegas e mais aló delas: Berto tocou en festivais folks de renome en Cantabria (Folkomillas), Ávila (Intercéltico de Avilés); fora da península en Francia (Ronde des Copains do monde), Bretaña Francesa (Festival Saint-Loup), Alemania (Danetzares), New york (San Patrick’s day), México (Centro Galego).


Forma parte de numerosas agrupacións musicais: Fanfarria Taquikardia, Pelepau, CencerroNeghro, Caramuxo Vermello, Chá, cerveja e violao,..

Actor de teatro e de cinema (películas e series); Titiritero terciario dunha Tanjarina (grupo de monicreques redondean de fama e recoñecemento mundial). O público masivo lembrarao polo seu papel de «Peixe» en Serra Moura, mais o resto das persoas sabemos que Andrés Giráldez é iso e moito máis: Actuación artística en estado puro.

Alberto Vilas

Músico de formación clásica, e profesor de piano e pianista acompañante do departamento de Canto, Violoncelo, Violín, Contrabaixo , Banda e Orquestra no Conservatorio Profesional de Música “Manuel Quiroga“ de Pontevedra despois de ter exercido o seu traballo profesional como docente nos Conservatorios de Lugo e no Superior de Vigo.

Forma parte desde moi novo de varios grupos de rock, o que lle permite comezar a experimentar no mundo da composición e dos arranxos.

É un dos membros máis antigos do prestixioso cuarteto instrumental de tango, Tangata.

Así mesmo, é autor e intérprete da música de diversos documentais. No 2011 rodéase de músicos co unha forte pegada jazzística, e nacen tres traballos discográficos: «Experianza», «Crónica Cromántica» (2014) e «Ubuntu» (2016), de altísimo nivel musical.

No 2015 entra a formar parte do proxecto " Chapeau" da man do polifacético Tatán.

Finalista varias veces do premio Martín Códax e gañador no 2017 polo seu traballo "Universo Lem".

Alejo Amoedo

Alejo Amoedo é un pianista especializado no repertorio de compositores galegos.

Doutor pola Universitat Politècnica de Valencia é asesor da Fundación Reveriano Soutullo, así como membro da Sección de Música, Artes Escénicas e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega. É un dos integrantes do colectivo cultural Pertenza e membro fundador da recentemente constituída Irmandade da Música Galega que ten como obxectivo a preservación e divulgación da música galega.

Dos seus traballos discográficos, máis de 23, destacan o triplo CD «Antoloxía de Compositores Galegos» (Ouvirmos, 2013), xunto ao clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó, «Virtuosimo Barroco» (2011), «Fantasy Trumpet» (2012) e «Trumpet Comtemporary (2013), producidos en Portugal por Jose Lourenço; «Mélodies» (Mans, 2012), xunto á mezzosoprano Iria Cuevas; «Cantos que veñen de lonxe» (Eme, 2014), poemas de Xosé Neira Vilas, musicados por Xervasio Vázquez, coa voz de Cesáreo Torres; «Evocación» (Dos Acordes, 2016), coa obra para piano só de Reveriano Soutullo; e o máis recente «Cantos á natureza» (Fervenzas, 2018), coa soprano, Susana de Lorenzo e o tenor, Cesáreo Torres, con textos póstumos de Neira Vilas e musicado polos compositores, Juan Durán, Margarita Viso, María Mendoza, Xabier Comesanha e Paulino Pereiro.

Na actualidade pertence ao Corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas da Xunta de Galicia na especialidade de Repertorio para Piano con Instrumentos, con destino no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Arxe

Arxe utiliza a música de raíz combinada coa música de autor para crear o seu propio selo. Bebe da raíz da música tradicional coma unha árbore se nutre do seu redor para medrar e crear novas formas. Fai unha viaxe inspiradora polas músicas e ritmos galegos; xotas, rumbas, muiñeiras... mesturádoos con influencias doutros folclores e rítmos.

É Arxe, madeira, o elemento principal dos nosos instrumentos o que nos dá nome, un vocablo rescatado das extintas xergas gremiais o que nos une á terra e á tradición establecendo a través da música una conexión entre o espectador e a riqueza do noso folclore.

A partir desta combinación, confórmase o repertorio de Arxe que mestura o pasado co presente, o canto tradicional e o saber dos grandes gaiteiros de referencia (Moxenas, Francisco Landín...), coa contemporaneidade das pezas de autor como Ernesto Campos, Pepe Vaamonde ou Pablo Fernández Rial.

As Efémeras

Estes seis redondeláns presentan unha música festeira para cantar e bailar. Alegráiva vital a pesar das circunstancias. Letras apegadas á terra, á súa, mais con referencias partilladas por boa parte do territorio, nacional e mundial.

Con este proxecto, que comezaron no 2019, pretenden xuntarse e pasalo ben facendo TradiPunk tabernario, PopRock de Furancho.

Durante a semana santa do 2020, en pleno confinamento, lanzaran o tema FURANCHÍN no que facían seu o sentimento maioritario da poboación galega, neses días luminosos, de ir a un furancho. Onde eles naceron. Onde cantan e onde se inspiran. Aínda que a súa inspiración é tamén poética e política, activista. Boa parte deles organizan o festival Artelixo en Redondela

Asubios de Porto Cedeira

Grupo de homes e mulleres, gaiteiros e gaiteiras da parroquia de Cedeira, concretamente de Porto Cedeira. Recuperan e difunden a música galega a través do instrumento tradicional por excelencia: a gaita.

Banda de Música de Chapela

A Banda de Musica de Chapela fai a súa presentación o 11 de febreiro de 1995. Desde entoón son numerosos os concertos e festas populares que amenizan.

No seu primeiro ano de vida actuaron en Venezuela, en cada un dos centros galegos dese país.

Ó longo dos seus 25 anos musicais publicaron 2 cds: o primeiro en 1996 e o segundo no 2013 "18 anos en clave musical", unha recopilación de parte do traballo musical realizado durante os seus 18 anos de vida.

Os seus concertos nos últimos anos son moi variados, pasodobres, obras galegas, obras clásicas, bailables, pop, con narrador, contos musicalizados, didácticos, acompañamento a solistas, teatralizados, con apoio de imaxes,...

Chá, cerveja e violâo

Grupo de amig@s amantes da música (Kiko, Lui, Ana e Roi) que un día, tomando un té, un café, unha cerveza, colleron unhas cantas guitarras e puxéronse a facer versións, ó seu estilo, das cancións que mais lles gustaban: apareceu María Bethania, Caetano Veloso, Zaz, Serrat, Sabina, apareceu o Chico Buarque e mais o Zambujo, os Beatles e Radiohead,... E crearon un grupo de whassapp para poder quedar todos outro día a ensaiar. O grupo, como non, chamouse “Chá, cerveja e violao”.

Deron en preparar concertos amistosos, con bó sonido, mellores intencións e harmonías vocais. Pero dende aquel aire mais ben acústico sentiron que debían complicar mais as cousas, e convenceron a Alberto López para percutir brillantemente un novo camiño. Conseguiron tamén enganar a Nico Ricón encargado dos ventos musicais.

Con esta nova pinta, tocaron varias veces xa en diversos locales (Gastrobar78, Trisquel, As Chivas, Café da Vila, La Lujosa do Meixón Frío) para o Concello de Ourense (Nadal 2018 e Nadal 2019), no Rilla na Rúa (Santiago 2018, Pontevedra 2019) e para a Asociación de Empresarios de Redondela (Night shoping 2018) e Concello de Redondela (Nadal 2019, e Sesión vermú do 2020).

Lui: Bajo, guitarra e voces; Kiko: Guitarra e voces; Ana: Voces, percusións e ukelele Roi: Voces e guitarra; Nico: Saxo, flauta dulce
Berto: batería, caixón, caixa,..

Chaleco Reflectante

Grupo nado no 2013 e que, tras algúns cambios na súa formación, perfílanse a día de hoxe coma 3 compañeiros da música e da vida que compoñen, actúan e loitan polo panorama musical participando en diversos festivais e tocando en Bares, Salas de Concertos (Iguana, Trisquel, La Movida, Sala Máster...).

Alberto Cortés (batería), Nicolás Nantes (baixo) e Andrés Núñez (guitarra e voz) perfilaron o seu propio estilo gracias á composición dos seus propios temas, amalgama dos seus gustos musicais: rock, punk e blues, dando lugar a un estilo de punk/rock alternativo único no panorama actual.

Tras varios concertos en compaña desta formación, e ó mirar a acollida recibida por parte do seu público, a banda embarcouse na que sería a súa primeira aventura, a primeira maqueta (10 cancións propias).

Dende entón, pasaron por distintos escenarios como Vilavella (2018), finalistas no Concurso de maquetas do Festival Millo Verde (2018) ou o Entroido de Verán de Redondela (2019) tentando, pouco a pouco crecer para facerse un sitio nos reproductores do seu público.

Dani Rodríguez

A súa experiencia como DJ abarca gran diversidade de estilos musicais, tanto en locais de Redondela coma de Vigo (La Movida, Trax Club, Mambo pub, Techno Party, Wildlife, Lolita pub, Alma disco).

É un rapaz de 18 anos, con gañas de darse a coñecer cada vez mais, logrando superar todo o que se propoña.

Elëven

O noso nome é Elëven, unha banda nada no 2019 e afincada en Redondela. O estilo encádrase dentro do Heavy Metal , Hard Rock…

O 11 é o primeiro dos números mestres e simboliza a introspección, a intuición e o mundo espiritual. As persoas marcadas por un número mestre deben de ter claro que non son seres superiores aos demais, tan só arrastran unha responsabilidade maior e, cando o descoñecen, esta responsabilidade pode levarlles ao desequilibrio emocional. As persoas marcadas por este número, que teñen o seu espírito equilibrado.

Finguertrain

Finguertrain é un proxecto acústico nacido no ano 2018 e do que forman parte David A. Seco (voz) e Humberto Heredia (guitarra e voz).

O obxectivo musical de Fingertrain é interpretar grandes cancións da historia do rock e pop, facendo uso das harmonías vocais e a guitarra.

David é o vogalista de Greenwater (grupo tributo á Creedence, clearwater revival); Humberto participou nos Desertores, Os Resentidos, e é guitarrista de Llorente y Tribu.

  • Teléfono 1: +34 687 568 156
  • Teléfono 2: +34 630 675 260

Fran Pérez

Barítono profesional con formación e especialización en Música antiga pola ESMAE de Porto. Veciño de Redondela que navega vogalmente dende o renacemento ata a música contenporánea abarcando distintos estilos (tanto clásicos coma modernos). Finalista no Concurso de Mirna Lacambra (2013).


Ademais de solista, forma parte tamén do primeiro e único Coro profesional que hai en Galicia, chamado Réduit Ensemble, que acaba de estrear unha opereta de Fina Casalderei no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Gaiteros da Terra Meiga

Os Gaiteiros Terra Meiga, un grupo de xente aficcionada á cultura tradicional galega con raíces na parroquia do Viso, e que desenvolve os seus actos e mostras de folclore tradicional por toda a provincia.

Sociedad Cultural del Viso, Estrada da Teixeira , 70 – O Viso. 36810 Redondela (Pontevedra).

Juan Pacheco

Guitarrista e batería, ademais de pintor. Juan Ricardo Pacheco Serpas forma parte do grupo Paciencia Paradise.

Los Fabulosos Zebulones

Grupo de amigos musicais que homenaxean a través das súas cordas, ritmos e voces dos Beatles. De Liverpol a Redondela creando unha revisión acústica das cancións de Paul, Ringo, John e George. Pero coas boas maneiras de Manuel Outerelo (voz), Pedro Pérez (guitarra e voz), Gonzalo “Pana” (baixo) e Juan Pacheco (Percusión).

Los Walter Mathaus

Grupo que naceu amalgamando ideas e amigos.

Hoxe en día as ideas dos Walter Mathaus materialízanse a través de Olih Conde e de Pedro Pérez Vilas, quen describe este grupo musical do seguinte xeito:

“Son un proxecto persoal (¡Qué remedio! ¡Non me quedou outra!) de Pedro Pérez Vilas, acompañado agora recentemente na batería po Olih Conde. Tamén fago o “chou” en solitario. Tanto en eléctrico coma en acústico. En galego ou en castelán, ou bilingüe.

Los Walter Mathaus fan un rock que quere ser moderno, que comparamos sen vergoña ninguna, con bandas como Queens of Stone Age, The White Stripes, The Black Keys, etc, con versión remozadas dos clásicos dos Walter e material novo pensado nesa liña.

Na versión acústica, a cousa modérase un pouco pola natureza mesma da instrumentación. E en solitario esta moderación faise máis clara, co que disminúe o nivel de distorsión, que non sempre de decibeis.”

Martínez Máez

Home polifacético de Chapela, actor e músico profesional. Musicalmente transcorre por as augas do pop e latino compoñendo e cantando tanto en castelán coma en galego temas coma "Mais Feliz", "Contigo volvo brilar", "Ahora" ou "Como tú" presentados en platós diversos da Televisión de Galicia.

Noemí Salomón

Pianista redondelá co grado superior en interpretación Musical-Piano do Conservatorio Superior de música de Vigo e Máster en Interpretación musical da Universidade Alfonso X el Sabio de Madrid.

Foi pianista acompañante de canto na Fundación de Ana María Iriarte (2014-2015), participou no Concurso Internacional María Herrero (Granada) e Spanish Composers- CIPCE (Madrid) (2015).

No 2017-2019 foi pianista acompañadora e profesora na Sociedade Musical de Guimaraes e Conservatorio de Guimaraes.

No 2018-2019 foi pianista acompañadora e mestra na Escola Profissional de Viana do Castelo.

Realizou concertos en Salzburgo (na Wienner Saal), en Alemania (no Teatro Aquisgrán) e en Castelló (Auditori i Palau de Congressos).

Participou na grabación dun CD coa Fundación Mans Paideia (2015) e un CD de obra entera para piano e voz do compositor “Mestre Vide” en colaboración coa Xunta de Galicia, Concellos de Pontevedra, Ourense e Radio galega.

O Carballo das Cen Pólas

A Agrupación Folclórica O Carballo das Cen Pólas naceu no ano 1978 formado por mozos e mozas de Reboreda e vinculado á Sociedade Labrego Cultural da parroquia. Despois de varios anos sen actividade, a Asociación inicia novamente a súa andaina no ano 1993 baixo unha nova concepción de baile e música.

A Escola de Gaitas e Percusión atópase dirixida polo mestre Jandro Barciela e Lois Prado respectivamente, ambos conseguen a harmonía nun grupo de gaitas moi dispar.

A Escola de canto e pandeireta tenta recoller pezas do folclore popular de distintos sitios de Galicia e dalas a coñecer. Dirixe esta escola a mestra Erica Iglesias.

Estrada a Pazos de Borbén, 99 36818-REBOREDA (Redondela) Pontevedra

  • Teléfono 1: +34 600 060 146
  • Teléfono 2: +34 699 771 603

Olimpio Xiráldez Río

Luthier e músico profesional, construiu un obradoiro cunha actividade principal: a construcción de gaitas e frautas tradicionais; pero nos últimos anos está desenrolando unha sección de reproducción de instrumentos de vento históricos (frautas renacentistas e barrocas, oboes barrocos, fagotes, musette barroca…).

Paralelamente ten unha dilatada traxectória como instrumentista de gaita, requinta e outras frautas traveseiras de sistema simple, en grupos como Chouteira, Tintafemia, Carapaus, Os Carambolos, O.C.T. Ultreia, Fondaos do Pífaro…

Dende o ano 2006 é membro da directiva da Asociación de Gaiteiras Galegas.

Pacíficos Errantes

Paula e Dani convertíronse en pacíficos errantes cando a súa música e ás súas voces comezaron a viaxar polas músicas brasileñas, africanas, jamaicanas,...sen ficar vivindo en nengunha e bebendo de todas elas.

Guitarra, ukelele, melódicas, percusións variadas e voces, delicados e empastados xogos de voces.

Gracias a esta unión musical naceron infinitas actuacións en locais e nas rúas, e un Disco cheo de “Vibraçao positiva” (2020).

Paciencia Paradise

Banda de rock que fusiona ritmos latinos como reggae-ska para un son totalmente propio e diferente. (Paciencia Paradise). Orixinal do pobo de Tinaquillo estado Cojedes Venezuela, fundada o 15 de xullo do 2008, nestes momentos atópase residenciada en Redondela, Pontevedra, Galicia, España. Paciencia é coñecida como a banda que fusiona ritmos e combina xéneros musicais tales como o reggae e o ska funk merengue e o rock.

No 2013 a nova restructuración do grupo chego á decisión de agregarlle outra palabra ao nome de paciencia, dando como unha nova imaxe da banda e quedando para a historia como Paciencia Paradise, hoxe en día esta banda atópase en España logo de emigrar de Venezuela debido ao mal momento económico político e social, que está a sufrir o país nestes últimos 4 anos quedando fragmentada a banda só con Marcel A Xarxa Guitarra e Gonzalo prata Voz, o cal agora asume o rol de Baixista (Gonzalo Prata).

A este novo comezo en terra española súmanselle novos músicos Juan Pacheco Serpas Baterista do país salvador situado en centro América, Pierrot Selingant guitarra de Francia, Borjas López López trombón de Galicia España, Adrián Chacón teclados de Galicia España. Esta agrupación presentouse diferentes eventos tanto sociais como culturais e privados.

Pandereteiras Terra Meiga

As Pandereteiras Terra Meiga, un grupo de mulleres orixiniarias do Viso, que fan un percorrido musical ata o máis fondo das cantigas e melodías tradicionais galegas, sempre achegando un toque festivo que anima ao baile.

Sociedad Cultural del Viso, Estrada da Teixeira , 70 – O Viso., 36810 Redondela, (Pontevedra).

Panorámika show

Cando o teatro, a música, a troulería e as ganas de facer pasalo ben se xuntaron, xurdiu... Panorámika Show. Un espectáculo para cativ@s e maiores onde o baile e os risos están máis que asegurados. Unha mestura divertida e musical de show, música, interpretación en visión panorámica.

Pilar Moráguez

Soprano nacida en Cuba e recén asentada en Cesantes. Licenciada en na especialidade en Canto pola Universidade das Artes en Cuba, Instituto superior de Arte da Habana. Pilar leva o canto e a música nos seus xenes xa que ven dunha familia de artistas de nivel: Pilar Moráguez, Viviana Avalo, Arabel Moráguez,...

Hai 20 anos Pilar chegou a España continuando a súa carreira coma solista por Europa, centrándose máis na ópera e na música de concerto.

No 2010 pasa a formar parte do Coro do Teatro Real de Madrid coma solista e coma corista traballando e aprendendo e aportando ó mundo da música con directores/as de moitísimo nivel coma Riccardo Muti, Miquel Ortega, Brams Sniekers, Enrique García Asencio e compañeir@s de profesión coma Plácido Domingo, Juan Diego Flórez, Edita Gruberova, Lisette Oroposa,....

A toda esta actividade habería que sumarlle a vertiente didáctica do seu amplo coñecemento, xa que posúe un canal de youtube no que orienta sobre como comezar a estudiar canto.

Todo este periplo deulle unha bagaxe inmensa e rica que lle levou da música popular, tradicional, boleors, ata a máis clásica (barroco, ópera).

Pillabánds

Folk-Fusión (Galicia)

PillaBands nace de reproducción de “Animais de Rúa” e “Choran as Pedras” coa única e fantástica función de alegrar as vosas vidas.

O proxecto PillaBánico bebe de diferentes ritmos do folclore mundial. Joropos, Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego. É un show con interacción co público con un alto nivel de enerxía, bo rollo, con carácter Neofolk, combinando a espontaneidade co saber estar e a xenialidade, todo isto mesturado con xamon e viño, letras con retrogusto e melodías que desbordan alegría; fan de Pillabands un grupo versátil para todos os públicos.

A súa traxectoria está en pleno crecemiento, dende conceptos como Sweet Home Furancho´s, ate festivais como Millo Verde Festival Alternativo, SulfatoFEST e outros, pasando por galerías de arte, festas patronais e levando ritmo e bo rollo onde se precise.

Retroblues

Cando as raíces do Blues e do rock xermolan en Redondela saen á terra con forma de grupo de amigos: Juan Álvarez (guitarra eléctrica e voz), Ignacio Pérez (saxo), Nando (trompeta). Jorge (baixo) e Lucho (batería) compoñen temas propios seguindo o estilo rítmico e melódico do antigo Blues.

E tras deles, a composición e elaboración de varios Cds, así coma a colaboración en canta actividade musical se fai en Redondela.

Rondalla de Redondela

Contan as persoas maiores que en Redondela, no século pasado, a música e os xogos de voces sonaban nas rúas, nos Bares e, sobre todo, nas perruquerías. A xente de Redondela, per se, ten fama de cantar ben, de empastar voces diferentes baixo unha mesma melodía. Iso xa sen entrar a falar das cordas: guitarras, mandolinas e baixos.

Pasou o tempo e un grupo de homes decidiu recuperar aquela tradición e aquelas cancións. Demostrando, ademais, que sempre é un bó momento para recuperar a música esquecida, as reunións divertidas dos amigos e a satisfacción de crear algo, traballalo e desfrutalo.

O que non sabían era que, citados na rúa, no Meixón Frío, o éxito ía ser espectacular. As persoas de Redondela tiñan tantas ganas coma eles de escoitar, outra vez, cancións dos seus abós.

Pouco a pouco a Rondalla foi evolucionando, e ó repertorio etnográfico da vila foiselle sumando cancións actuais, do gusto dos seus integrantes; canción inusuais para unha Rondalla masculina tradicional, pero mais que acertadas para arriscar e volver a gañarse ó público novamente.

A todo isto se lle sumou a entrada de novos instrumentos de percusión e a chegada de Chary: unha muller con tanta paciencia coma coñecementos musicais e polifónicos, capaz de sacar de cada membro da Rondalla a información musical que os xenes de redondela albergaban.

Dende entón non fallan a súas citas anuais: Festival solidario de nadal de Lenda, Meixón Frío, Concerto anual para o Concello na Casa da Torre. E a éstas engádeselle mais convocatorias: concertos en Arcade, nas festas de San Roque en Vigo, Festa de Reboreda, Centro Cultural de Nespereira, etc...
Dende entón xa participaron no CD “Cancións dos nosos barrios” das Festas de San Roque e xa publiucaron dous Cds propios: No 2014 o Disco “Cantares 1953-1954” e no 2020 “...De toda a vida”.

Rondalla de Redondela

Seso Durán (Xosé Manuel Durán), músico, historiador, compositor, vídeo creador e produtor, que desde os 90 (como integrante do grupo de música folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical.

Comprometido coa innovación, é convidado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade Autónoma de Madrid, etc). Conseguiu numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.

O seu último disco ‘Son dá memoria’ que trata sobre o sucedido a partir do golpe de estado de 1936 nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo.

Tatán Chapeu

Eduardo Cunha, Tatán, é unha persoa artista per se. Títiriteiro, actor, cantante, músico,...e todo desenrolado cun grado de compromiso e calidade altísimo.

«Chapeu» es una docena de canciones escritas para contar historias. Fotografías teatrales, el mundo que más conoce y con el que Tatán camina en la vida. Un mundo cargado de amistades que lo invitan a cantar y a quién admira y con quien creó este proyecto.

Gente de la música, gente del teatro y gente de los títeres.

Chapeu é un proxecto musical que arranca coa colaboración de Pablo Vidal e Uxía na creación musical e arranxos varios. A proposta conta con letras de Tatán e colaboracións de Uxía e Magín Blanco (nas cancións “Chapeu” e “Veludo e algodón”), e Carlos Blanco (na canción “Mutua de decesos”). Conta nas gravacións con Isaac Palacín nas percusións, Alfredo Teixeira na guitarra portuguesa, Alberto Vilas no piano, Pablo Vidal no contrabaixo, piano e guitarras, Felipe Castro nos Saxos, Manu Paino no fliscorno e a trompeta e Sérgio Tannus coa viola.

A posta en escea do album está chea de sorpresas, de teatralización musical, de execucións melódicas de nivel, de participación, e de amigas e amigos invitados.

Compartir