Concello de Redondela

Igualdade

A área da Muller e Igualdade do Concello de Redondela ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes de Redondela a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación, xa que o Departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes, competen a mulleres e homes.

Contacta Redondela

Contacta Chapela

A alcaldesa e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, con Alexandra Román, técnica en prevención de violencia

– A alcaldesa, Digna Rivas, explica que se trata dun servizo para atender ás persoas que estas mulleres teñen ao seu cargo, xa sexan fillos menores ou persoas maiores dependentes. “Prestarase atención e coidado inmediato, un servizo dispoñible as 24 horas, os 365 días do ano, que se prestará cando as mulleres o precisen para facer xestións pola súa situación de vítimas”.
– Este servizo pioneiro busca ofrecer un apoio “integral” ás mulleres vítimas de violencia. Rivas sinala que, malia non ser unha competencia municipal, desde o Concello faise este esforzo para facilitar as xestións que precisen realizar as mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade.

O concello de Redondela, a través da concellería de Igualdade, pon en marcha un servizo de atención 24 horas dirixido a mulleres vítimas de violencia machista. Trátase dun servizo para atender ás persoas que están a cargo destas mulleres, xa sexan menores ou maiores dependentes, cando as vítimas teñan que realizar trámites de denuncia, declaración ou calquera outra xestión derivada da situación de violencia. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que se trata dun servizo “de atención e coidado inmediato, as 24 horas, os 365 días do ano, que se prestará cando as mulleres o precisen para facer xestións pola súa situación de vítimas”. Desde o departamento de Igualade sinalan que non se trata dun recurso de acollemento continuado, senón dun servizo puntual para que as mulleres poidan facer as xestión derivadas da súa situación como vítimas de violencia. Esta prestación inclúe tanto o persoal necesario para os coidados como os recursos materiais que se precisen para cubrir todas as necesidades dos menores ou persoas dependentes a cargo mentres dure o servizo.

Este servizo pioneiro busca ofrecer un apoio “integral” ás mulleres vítimas de violencia. Rivas sinala que, malia non ser unha competencia municipal, desde o Concello faise este esforzo para facilitar as xestións que precisen realizar as mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade. Ademais, desde o Centro de Información á Muller (CIM) de Redondela proporciónase asesoramento xurídico e atención psicolóxica. Tamén se ofrece orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que o demanden.

A alcaldesa, Digna Rivas, con alumnado do IES Illa de San Simón na charla coa educadora Lucía Pereda

– A concellería de Igualdade organiza charlas informativas para o alumnado dos institutos e colexios do municipio. As temáticas abordan cuestións como a afectividade e sexualidade, así como os trastornos da conduta alimentaria que son cada vez máis frecuentes entre nenos, nenas e adolescentes.
-A alcaldesa, Digna Rivas, estivo cos alumnos do IES Illa de San Simón que asistiron á xornada impartida pola educadora social e axente de igualdade Lucía Pereda. Rivas incidiu no riscos que as redes sociais supoñen para a xente nova “polos efectos negativos sobre a súa autoestima, a confianza e a percepción do corpo”.

A concellería de Igualdade organiza charlas informativas para o alumnado dos colexios e institutos do municipio. O obxectivo destas charlas é formar aos rapaces e rapazas en educación afectivo-sexual desde a igualdade. As sesións son interactivas, participativas e dinámicas, favorecendo o intercambio de ideas. A programación inclúe tamén charlas sobre trastornos da conduta alimentaria, que son cada vez máis frecuentes entre nenos, nenas e adolescentes pola imaxe que lles trasladan as redes sociais. A alcaldesa, Digna Rivas, estivo esta mañá con alumnos e alumnas do IES Illa de San Simón que participaron na charla impartida pola educadora social e axente de igualdade Lucía Pereda. Rivas lembroulles que as imaxes que se ven nas redes están “coidadosamente seleccionadas e editadas, non son reais, e iso pode xerar malestar e afectar negativamente á autoestima e provocar graves problemas”. Para a rexedora estas charlas son “fundamentais” para que teñan acceso a información directa da man de profesionais especialistas cos que poder aclarar dúbidas ou inquedanzas.

A redondelá Lucía Pereda explica que “a presión que se vive na rapazada pola hipersexualización que se fai das mozas nos medios, as esixencias aos rapaces de demostrar a súa virilidade, son factores que inflúen directamente na súa autoestima e no seu desenvolvemento”. Abórdase tamén a influencia das plataformas dixitais na sexualidade “porque se teñen transformado en novos espazos de control e violencia”, sinala Pereda. Por estes motivos desde o Concello de Redondela entenden que este tipo de charlas formativas “son moi necesarias para a mocidade”.

As charlas, que comezaron a pasada semana, prolongaranse durante os meses de novembro, decembro e xaneiro polos diferentes centros de ensino. Trátase dunha actividade moi demandada polos centros e que tivo moito éxito en convocatorias anteriores. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, adiantou tamén que dentro da programación do 25N realizarase unha Escola de Familias para pais e nais. Nesta caso a actividade está orientada a dar asesoramento e aclarar dúbidas das familias en temas relacionados coa educación afectivo-sexual na infancia e adolescencia ou o uso das novas tecnoloxías, redes sociais e plataformas dixitais.

Un dos puntos habilitados nunha celebración anterior

– No Entroido de Verán, que se celebra o sábado, haberá dous “Espazos de Igualdade” cun punto fixo e outro itinerante. Este servizo fai unha labor non só na atención a posibles vítimas de agresións sexistas, “senón tamén de sensibilización á mocidade sobre a importancia da igualdade e o respecto” explica a concelleira Iria Vilaboa.
– A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que o Entroido de Verán de Redondela foi desde sempre “un espazo de diversión e expresión libre e queremos que todos e todas poidan gozar en igualdade de condicións”.

No Entroido de Verán, que se celebra este sábado 23, o Concello de Redondela pon en marcha unha campaña especial con “Espazos de Igualdade”. Haberá un punto de atención instalado na praza do Concello, xunto ao hospital de campaña, e outro itinerante con Axentes de Igualdade percorrendo todos os espazos da festa. O “Espazos de Igualdade” na praza do Concello realizará tamén actividades de sensibilización coa rapazada e as familias de 18:00 a 02:00 horas. O punto itinerante, con dúas técnicas en Igualdade, percorrerá todos os espazos da festa desde as 22:00 ata as 06:00 horas. Este servizo fai unha importante labor non só na atención a posibles vítimas de agresións ou violencia sexista, senón tamén “para concienciar e sensibilizar á mocidade sobre a importancia da igualdade e o respecto nas relacións” explica a concelleira de Igualdade Iria Vilaboa. A edil explica que a campaña non vai dirixida só as posibles vítimas senón tamén a toda a sociedade, “xa que calquera persoa que presencie comportamentos machistas, agresións, insultos sexistas ou tocamentos non consentidos pode dar a voz de alarma”.

A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que o Entroido de Verán de Redondela “foi desde sempre un espazo de diversión e expresión libre e queremos que todos e todas poidan gozar en igualdade de condicións”. Como nos últimos anos, os locais de ocio nocturno e os hostaleiros que instalan barras nas rúas e no recinto da festa colaboran tamén como “Espazos libre de violencias machistas” e contan con protocolos de actuación. A alcaldesa agradece “a implicación dos locais de hostalaría e lecer nocturno, que se suman a estas campañas e colaboran para un ocio con diversión e respecto”.

There is no Event

SERVIZOS E RECURSOS

Grupo de Autoestima:

Obxectivo Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.

Información: Centro de información ás mulleres (CIM).

OPERACIÓN CO-FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Promover la igualdad, la salud y la inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro

UE

Programa Municipal de conciliación:

Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.

Poboación destinataria familias con menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Información: Centro de información á muller (CIM).

Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade do Departamento de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade, segundo o Plan solidariamente Responsables para o ano 2023:

CIM

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado

É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden.

O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:

  1. O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
  2. O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  3. A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
  4. O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias

O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicológica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións

  • Servizo psicolóxico.
  • Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
  • Servizo xurídico.
  • Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
  • Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.

O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de atención psicolóxica: De luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de asesoramiento xurídico: Martes e venres de 08.00 a 14.30 horas e xoves de 8:00 a 14:00 horas

Servizo de asesoramiento en igualdade e atención ao público: De luns a venres de 08.00 a 14.30 horas

Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:

1. Punto Violeta Entroido de verán 2023.

2. Actuación de sensibilización e prevención da violencia de xénero.

3. Roteiro As Mulleres da Vila.

4. Espectáculo Marcho que teño que marchar.

5. Espectáculo Sen medo.

6. Charla Falemos de sexo: adolescencia e pornografía..

7. Formación para a prevención, detección e acompañamento nas violencias sexuais nos locais de lecer nocturno.

8. Punto Violeta Festa Pre fin de ano 2023.

9. Obradoiro Falemos de sexo..

10. Roteiro Mulleres de Redondela e Chapela..

11. Formación en igualdade para persoal electo do Concello de Redondela.

12. Formación en igualdade para alumnado de Formación Profesional.

13. Punto Violeta Festa do Choco 2024.

14. Punto Violeta Festa da Coca 2024.

15. Campaña E ti, por que loitas?

16. Charla Concienciando en TIC's Seguras..

17. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.

  1. Punto Violeta Entroido de verán 2022.
  2. Punto Violeta Fiesta pre fin de ano 2022.
  3. Espectáculo Tabú.
  4. Punto Violeta Entroido 2023.
  5. Obradoiro de autocoidados das mulleres, risoterapia e musicoterapia.
  6. Obradoiro Xeración Violeta.
  7. Material Punto Violeta.
  8. Libretiñas.
  9. Obradoiro Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende unha perspectiva de xénero.
  10. Punto Violeta Festa do Choco 2023.
  11. Punto Violeta Festa da Coca por 2023.
  12. Mural contra a violencia machista
  13. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
  1. Programa "Mulleres en rede".
  2. Punto Violeta Festa da Coca.
  3. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Punto de lilás entroido de verán.
  2. Conmemoración do 25 de novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres)
  3. Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Redondela.
  4. Campaña Prevención da violencia na mocidade no uso das redes sociais.
  5. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.

Actuacións con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.

logopactoestadocolor

Plan Corresponsables

Actuacións financiadas para o ano 2022:

  1. Programa "Quédome con Simona".
  2. Plan de sensibilización e formación en corresponsabilidade.

 

Financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Igualdad ao abeiro do Plan Corresponsables para o ano 2022.

Compartir