Concello de Redondela

Normalización Lingüística

A área de Normalización Lingüística do Concello de Redondela encárgase de promover e dar soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega.

Contacta

– O Concello inclúe na nova sinalización das rúas un código QR con acceso á páxina web Toponimia de Redondela “para que veciñanza e visitantes poidan coñecer a orixe e significado dos nomes das rúas e lugares”, explica Rivas. Esta iniciativa conta co apoio da RAG, institución que recoñeceu e eloxiou a labor do Concello redondelán por ser o primeiro en incluír a toponimia como ben patrimonial no PXOM.

O Concello de Redondela traballa na promoción e posta en valor do seu patrimonio inmaterial, e o nome das rúas, barrios e lugares é un ben a conservar. De feito Redondela é o primeiro Concello en incluír a toponimia como ben patrimonial no seu Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este feito foi recoñecido e eloxiado pola Real Academia Galega na visita que este ano fixo á vila o presidente da entidade, Víctor Freixanes. Desde o Servizo de Normalización Lingüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, Creouse a páxina web Toponimia de Redondela, na que se recolle a orixe e significado de máis de 2.000 microtopónimos.

En liña con este proxecto, o Concello xa anunciara que as novas placas que se vaian colocando nas rúas incluirían un código QR para acceder a ese directorio dixital. Para Rivas “este é un xeito de dar visibilidade ao traballo de recuperación da toponimia e achegarnos a esta riqueza patrimonial que debemos conservar”. Deste xeito, visitantes e curiosos poden consultar o que significa o nome de cada lugar.

As primeiras rúas en contar coa nova sinalización son Camiño dos Eidos, Catepeixe, en Cesantes, Estrobo, en Chapela, Carambola, en Reboreda, rúa Alta, en Asnelle de Arriba, Estrada Morta, Camiño da Lameira ou Camiño Real de Angorén, entre outras. O departamento de Infraestruturas e Sostibilidade, que se encarga da colocación das placas, conta xa cunha trintena de novas sinalizacións que se irán instalando nas vindeiras semanas. O concelleiro, Roberto Villar, explica que o obxectivo e ir incorporando paulatinamente as novas placas no rueiro municipal de todas as parroquias.

A páxina da Toponimia de Redondela permite tamén a descarga dos libros de microtoponimia realizados polo Concello de Redondela. Desde o Servizo de Normalización Lingüística promovéronse traballos de campo, estudos filolóxicos e a edición de libros da microtoponimia das parroquias de Redondela «todos eles cunha moi boa acollida por parte da cidadanía», lembra Rivas.

-Nenos e nenas dos campamentos de conciliación foron os encargados de poñer de manifesto a importancia desta data e da figura de Castelao. No acto participaron as pandeireteiras Ledicia de Trasmañó e ao son da gaita interpretouse a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego.
-A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que nesta data debemos lembrar que Galicia foi terra de emigrantes, e que agora debe ser terra “acolledora para os que veñen de fóra”. Rivas avogou por unha sociedade galega “sen racismo, machismo, xenofobia ou calquera outra forma de odio ou violencia contra a diversidade”.

O Concello de Redondela celebrou no Día Nacional de Galicia un acto institucional na alameda Castelao para conmemorar esta data. O técnico municipal do Servizo de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez, foi o encargado de presentar un acto no que puxo en valor esta celebración e, especialmente, a figura de Castelao neste ano no que se lle rende homenaxe en toda Galicia.

Manuel, Sara, Roi, Daniela, Manuel, Lucas e Noa, nenos e nenas que participan nos campamentos de conciliación, foron os encargados de falar desta data e da vida e obra de Castelao.

A alcaldesa Digna Rivas sinalou tamén que nesta data, o día central do noso país, lembramos que Galicia foi terra de emigrantes, e que agora é “terra acolledora para os que veñen de fóra buscando un futuro mellor”. Rivas avogou por unha sociedade galega “sen racismo, machismo, xenofobia ou calquera outra forma de odio ou violencia contra a diversidade”.

A parte musical do acto correu a cargo do grupo de pandeireteiras Ledicia de Trasmañó, que interpretou varias pezas musicais para rematar co Himno Galego ao son da gaita. A xornada péchase co concerto de Tanto Nos Ten na Praza da Torre ás 22.00 horas.

Erica Iglesias, Valentín García, Digna Rivas, Ángel Barros, Amalia Bóveda e Noemí Moreira

– O CEIP Alexandre Bóveda celebrou o 122 aniversario do ilustre galeguista nunha emotiva xornada. O centro inaugurou un retrato de Bóveda realizado e doado polo artista redondelán Ángel Barros. A filla de Alexandre Bóveda, Amalia, inaugurou a obra xunto ao pintor, quen explicou que se trata dun retrato “inacabado intencionadamente, porque tamén a vida de Bóveda quedou inacabada”.

O CEIP Alexandre Bóveda, en Chapela, celebrou onte o 122 aniversario do ilustre galeguista que dá nome ao centro. O colexio viviu unha xornada moi emotiva na que participaron Amalia Bóveda e Valentín García, filla e o neto de Alexandre Bóveda. Co Alalá das Mariñas, interpretado por Erica Iglesias, deuse inicio aos actos. O artista redondelán Ángel Barros doou ao centro un retrato de Bóveda, que se presentou esta mañá coa participación do pintor. O propio Barros explicou que o retrato é unha obra “inacabada intencionadamente, como un símbolo, porque tamén a vida de Bóveda quedou inacabada”.

A alcaldesa, Digna Rivas, felicitou ao centro pola iniciativa e lembrou o papel de Alexandre Bóveda “na defensa dos dereitos do pobo galego e da democracia”. Rivas animou a nenos e nenas a seguir o exemplo de Bóveda “e aprender, coñecer o mundo e ler moito, porque o saber é un dos tesouros máis importantes da vida”. A rexedora agradeceu á familia de Bóveda a súa presenza e dixo sentir neles “a dignidade da memoria histórica e a lembranza das persoas que deron a súa vida pola democracia”. No acto participaron tamén Manuel Puga, neto de Ernestina Otero, Rosalía Polo, inspectora de Educación, e Xurxo Martínez, técnico de Normalización Lingüística. Alumnado do centro protagonizou unha emotiva peza teatral e non faltou a música, co alumnado cantando o “parabéns para ti” a Bóveda e o himno galego interpretado polo Carunchos. A directora do centro, Noemí Moreira, agradeceu aos convidados e a toda a comunidade educativa a súa implicación nesta celebración.

Os actos continuarán no CEIP Alexandre Bóveda o venres, 6 de xuño, cun serán aberto a toda a comunidade educativa. Será a partir das 18.30 horas coa participación do grupo folclórico Anaquiños de Chapela.

Outubro 2025
Out 01
01 Outubro 2025
Multiusos da Xunqueira, Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800 España
Novembro 2025
Nov 08
08 Novembro 2025
Auditorio da Xunqueira., Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800
Decembro 2025
Dec 21
21 Decembro 2025
Auditorio da Xunqueira., Paseo da Xunqueira, s/n
Redondela, Pontevedra 36800

Normalización Lingüística

    O Concello de Redondela é pioneiro da normalización da lingua galega. Un proceso que constitúe unha protección, divulgación e impulso da riqueza cultural máis importante de Galicia. Redondela constituíu o Servizo de Normalización Lingüística no ano 1982; por tanto, un ano antes de que o Parlamento galego aprobase a Lei de normalización. Por este motivo, Redondela situouse como un referente para toda Galicia. Esta decidida e valente, iniciativa valeulle distintos recoñecementos, como o Premio da Crítica de Galicia ou o Pedrón de Ouro. A lingua galega converteuse nun motivo de especial orgullo para a cidadanía redondelana. Porque a causa do idioma é unha causa común. Pero coñezamos un pouco desta historia.

    Nacemento e devir do galego

    O galego é unha lingua romance. Formouse cara ao final do século VIII a partir dun substrato celta e dos superestratos xermánicos (suevos, visigodos), tendo como base o latín. No léxico quedaron mostras, actualmente vivas, de linguas anteriores á chegada dos romanos. Por exemplo, carqueixa, queiruga, touza, labio, lágrima, rodaballo… Na toponimia temos numerosos exemplos: Viascón, Bergantiños, O Grove… ou nos nomes de ríos: Sar, Navia, Landro…

    O período medieval (X-XV) foi luminoso para Galicia grazas ao poder relixioso, nobiliario e cultural. De testemuño quedaron os códices coa lírica medieval galega, as coleccións de documentos xurídicos ou textos escritos por monarcas, como o Rei Afonso X O Sabio, autor das “Cantigas de loor de Santa María”.

    Por causa das vicisitudes sociopolíticas (independencia do sur de Galicia, que deu orixe a Portugal; guerras civís; revoltas irmandiñas; interveción dos Reis Católicos…) o galego foi perdendo o seu status en favor do castelán, que axiña se impuxo como única lingua na escrita malia que a poboación falase galego.

    Ao longo dos anos produciuse tamén un cambio sociolingüístico posto que as clases pudentes adoptaron o castelán como marca fronte ao galego, identificada coas clases baixas. A isto sumóuselle unha política de expulsión do galego da documentación, de castelanización da toponimia (Sanjenjo, Rianjo, Mugía…) ou incluso de modificación nos apelidos (Otero por Outeiro, Seijas por Seixas, Molinos por Muíños…).

    O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cuando comience un proceso continuado de recuperación en la escritura.

    O galego mantívose sempre como lingua oral. Devagar xurdiron voces que reivindicaron a súa dignificación (Conde de Gondomar, Padre Feijóo, frei Martín Sarmiento…). Será co Rexurdimento (S. XIX) cando comece un proceso continuado de recuperación na escrita e que terá o momento álxido coa fundación da Real Academia Galega en 1906.

    No pasado século a conciencia lingüística avanzou. En 1916 naceron as Irmandades da Fala ue tiñan por bandeira a lingua como elemento central da identidade galega. Dende entón iniciouse a demanda da cooficialidade que chegaría coa aprobación do Estatuto Galego en 1936. Pero a guerra civil impediu que se puxese en marcha.

    A ditadura franquista expulsou o galego da vida oficial, agás no ámbito da cultura. Esta tería un papel central na recuperación da conciencia lingüística. A mediados dos 60 apareceron numerosas asociacións culturais en cidades e vilas que impulsaron o galego con distintas iniciativas.

    Tamén o movemento político e sindical antifranquista foi incorporando o uso do galego. Hoxe é a lingua oficial de todos os sindicatos agrarios e obreiros e da maioría das forzas políticas con representación institucional. Tras a aprobación do Estatuto de Autonomía (1981), que supuxo a cooficialidade do galego e que foi definida como “a lingua propia de Galicia”, comezou a incorporación a todos os ámbitos dos que fora expulsado ao longo dos séculos.

    Redondela impulsa o Galego

    O Concello de Redondela foi o primeiro en ofrecer en galego todo tipo de formularios en galego, en sinalizacións viarias, na rotulación das dependencias municipais… Ademais organizou os primeiros cursos de linguaxe administrativa para o funcionariado e cursos de para a veciñanza.

    Mais a iniciativa de Redondela foi máis alá do municipio. A mediados dos 80 reclama ás autoridades responsables a incorporación do galego á guía telefónica, ao transporte aéreo e ferroviario (Aviaco e Renfe), ás empresas públicas… Organiza xornadas sobre modelos de normalización traendo a responsables de Euskadi e Catalunya, lanza unha campaña de grande éxito titulada “Sinte Galicia, fala o teu idioma” na cal participan rostros moi populares nese tempo (Camilo José Cela ou Pepe Domingo Castaño).

    Un momento histórico foi a sentenza ditada en galego o 27 de marzo de 1985 pola Audiencia Territorial da Coruña tras 500 anos de proscrición. O promovente fora o Concello de Redondela.

    Outras propostas, sempre recibidas con entusiasmo polo pobo redondelán, foron logo copiadas noutros municipios (por exemplo, Redondela foi o primeiro consistorio que puxo o nome de “Casa do Concello”) ou se manteñen vivas até hoxe (por exemplo, o premio de narrativa Eduardo Blanco Amor).

    Na actualidade, o galego conta coa máxima protección a nivel legal dentro do municipio: é a lingua oficial, existe unha ordenanza de uso, mantense o SNL como departamento autónomomo… Pero a realidade sociolingüística galega é adversa á vista dos datos da ruptura na transmisión interxeracional.

    En todo caso, Redondela foi e segue sendo un modelo lingüístico referente para toda Galicia. Esta é tarefa compartida entra a Administración e a sociedade. Redondela é un exemplo. Unha proba é a recollida, conservación e promoción da microtoponimia, coa creación dunha web esepcífica que podedes consultar na seguinte ligazón: Toponimia de Redondela.

    De interese...

    FACEBOOK

    BLOG

    Compartir