Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

«As cousas pequenas contan», obradoiro de creatividade para xente nova na Biblioteca Xela Arias

ImagenNoDisponible

– Iso é un lucecús?
– Non, é unha lanterna.
– E aquilo, é un caracol?
– Non, é un metro.
Os obxectos que atopades no voso fogar poden converterse, grazas ao poder da vosa imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras nunha fotonovela que vós mesmos e vós mesmas crearedes. Porque as cousas máis pequenas que tedes ao voso redor tamén contan historias.

O mércores 27 de abril ás 18:30 h. a Biblioteca Xela Arias ofrece este divertido obradoiro para rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.

Se vos apetece pasalo ben creando as vosas historias, inscribídevos na biblioteca. Xulio Varela, educador e animador sociocultural con ampla experiencia, será o seu mestre de cerimonias.

 

Para participar deberedes inscribirvos na biblioteca:
– Tlf: 986-454-226
– Correo: bibliotecachapela@redondela.gal

Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Redondela.

 

 

 

Compartir