Dende as Bibliotecas Municipais de Redondela informámosvos sobre as modificacións horarias que afectarán ao servizo da Biblioteca Xela Arias de Chapela:
– Entre o luns 7 e o venres 11 de febreiro a biblioteca pechará unha hora antes, polo que o horario será de 16:00 a 20:00 h.
– O martes 8 de febreiro, a biblioteca estará PECHADA.
NOTA: Os préstamos de documentos da Biblioteca Xela Arias que tiñan data de vencemento o 8 de febreiro, quedan automáticamente prorrogados ata o mércores 9 de febreiro.
Esto só afecta aos documentos pertencentes a esta biblioteca, e non a aqueles procedentes da Biblioteca Valle-Inclán de Redondela ou outras bibliotecas da rede.
No caso de dúbidas, deberedes contactar coa biblioteca correspondente.