Neste ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela estamos comprometidas como nunca coa celebración desta festa do noso calendario literario.
Como saberedes, unha das nosas bibliotecas, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular. Por iso este ano máis que nunca, queremos dala a coñecer.
Este «trailer» é o adianto dun proxecto da Concellaría de Cultura de Redondela e mais das bibliotecas municipais, conta coa realización de Cuchi Carreira e o guión e interpretación da contadora e actriz e contacontos Raquel Queizás
.
En breve…Novas pistas e máis información❗
❓❓❓❓❓❓❓