Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Casa O Piñeiro

En plena enseada de San Simón, na marabillosa praia de Cesantes, atópase a Casa O Piñeiro. O noso establecemento conta con dúas habitacións con dúas camas cada unha, un amplo salón, cociña e dous baños.

O máis importante deste establecemento é o seu amplo xardín con piscina, cenador e asador, totalmente privado para vostede. Se o que buscas é relaxarte, descansar, gozar da praia ou piscina, Casa O  Piñeiro é o lugar que estás a buscar. En primeira liña de praia, con vistas á ría de Vigo, á Illa de San Simón e á ponte de Rande.

Rodeada de restaurantes, escola de kaiak ou kitesurf, espazos de música en directo, a súa situación é inmellorable. A poucos quilómetros de Redondela, podendo mesmo ir andando pola praia, se non queres coller o coche.

Compartir