Na Biblioteca Xela Arias de Chapela temos preparado unha actividade infantil no vindeiro luns de Entroido:
Obradoiro «Chapeu peliqueiro», luns 20 de febreiro, de 17:30 a 20:00 h., con Macarena G. Muñoz.
Rapazas e rapaces participantes coñecerán un pouco da historia destas festas en Galicia, e participarán na confección do seu propio chapeu inspirado no atuendo dos peliqueiros de Laza.
Ademáis o obradoiro incorpora unha parada para unha pequena merenda tradicional de Entroido, e a posibilidade de que os e as participantes maquillen as súas caras con deseños de Carnaval.
- Para nenas e nenos entre 5 e 12 anos.
- Inscrición previa na biblioteca Xela Arias (teléfono: 986-454-226, correo: bibliotecachapela@redondela.gal .