Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Coser e contar: contacontos para toda a familia

ImagenNoDisponible

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa!

«Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións,… en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio de coser.
Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a moitas, moitas historias.»

Luns 17 de outubro, ás 18:30 h.

Con Marta Ortiz do grupo de Teatro Charlatana

No Auditorio do Multiúsos da Xunqueira (Redondela)

Público familiar dende os 5 anos

Entrada libre e de balde. Non necesita inscrición previa.

Información na Biblioteca Municipal de Redondela (986 40  15 61)

«O Cantar das costureiras
é cantar que nunca acaba.
Como teñen fío dabondo
botan coplas enfiadas.»

CONMEMORAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS que se celebra, en este 2022, o 17 de outubro.

Esta actividade realízase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, en cofinanciamento co Concello de Redondela.

Compartir