Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Igualdade

A área da Muller e Igualdade do Concello de Redondela ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes de Redondela a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación, xa que o Departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes, competen a mulleres e homes.

Contacta Redondela

Contacta Chapela

-O Concello de Redondela reafirma a súa aposta pola diversidade o próximo 28 de xuño coa creación dun gran mural en Chapela e unha festa Holi en Redondela

O Concello de Redondela reafirma a súa aposta pola diversidade cunha xornada de actividades que se celebrará o próximo venres, 28 de xuño, co gallo da conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+. A concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, comezará as actividades ás 11.00 en Chapela, na Senda Verde, coa creación dun novo mural a cargo da artista gráfica redondelá Paula Amoedo. O novo deseño, no que participará mocidade do grupo “Axentes do cambio”, plasmará “o orgullo da cidadanía redondelá por unha sociedade diversa e tolerante” sinala Vilaboa.

As 20:00 na pista da Xunqueira celebrarase a festa Holi e un taller de maquillaxe. É a primeira vez que Redondela acolle unha festa destas características, “unha celebración de orixe hindú onde se mesturan todas as castes en harmonía, unha festa das cores que celebra as diferenzas das persoas e tamén a súa unión», explica Iria Vilaboa. Utilizaranse todas as cores do arco da vella, con pos biodegradables e hipoalerxénicos. Serán dúas horas de música, xogos e cor, cun DJ que amenizará a festa con música. Haberá tamén un taller de maquillaxe nunha carpa con monitores para que todas as persoas que asistan á festa Holi poidan maquillarse en calquera momento da actividade “e dar así máis luz e cor a esta celebración”, apunta a concelleira.

A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que Redondela sempre apostou “pola diversidade, a tolerancia e a igualdade de dereitos, e con esta festa queremos celebrar a diferenza”. Insiste Rivas no convencemento de que “só co respecto e a tolerancia poderemos alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

O Concello de Redondela anima a veciñanza a sentir o orgullo de vivir nun dos municipios que máis respectan os dereitos das persoas LGTBIQ+, que apoia ás asociacións e colectivos minoritarios e que conta con bancos arco iris nas parroquias, bancos coa bandeira trans en colexios e institutos, ademais da gran bandeira no lateral do Multiusos da Xunqueira e grafitis coas cores LGTBIQ+ tanto en Chapela como en Redondela.

Motivados polas áreas de igualdade e deportes os clubs aportaron lemas para responder a pregunta que dá nome a esta proposta, co fin de visibilizar a visión da nosa mocidade sobre as desigualdades presentes no deporte e lembrar, día a día, a importancia de continuar coa loita contra calquer tipo de violencia.

Os dous lemas máis votados serán instalados nos pavillóns de A Bombonera e A Marisma a vindeira semana.

Estade atent@s!!

Pódense consultar os resultados da enquisa facendo click aquí.

As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do contexto da igualdade e a loita contra a violencia machista no deporte.

Os equipos teñen ata o 10 de maio para facer as súas propostas, e será a veciñanza a que elixa o lema cunha votación popular desde a web do Concello www.redondela.gal. A votación realizarase do 13 ao 15 de maio. A proposta gañadora será revelada o 17 de maio e plasmarase nun deseño gráfico que vestirá os pavillóns municipais de Redondela e A Marisma.

Dende as concellerías de Igualdade e Deportes de Redondela convidan aos clubs que adestran nos pavillóns municipais a participar nunha campaña de de igualdade no deporte baixo o lema «E ti, por que loitas?». Desde o o goberno local pretenden así “dar voz, espazo e proxección ás inquedanzas das persoas deportistas de Redondela” sinala Iván Valles, concelleiro de Deportes. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, advirte que o papel da muller no deporte “é unha carreira repleta de obstáculos e inxustizas». Os tempos están a cambiar, «e queremos crear para a nosa cidadanía un espazo no cal poidan expresarse alto e claro”.

A proposta que fan desde o Concello consiste en que cada club ou equipo achegue un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do contexto da igualdade e a loita contra a violencia machista no deporte. Deste xeito pretenden “xerar a posta en común dos equipos, espertar pensamentos, reflexionar e reforzar aínda máis a conciencia de equipo e a loita colectiva por un obxectivo común”.

Os clubs teñen de prazo ata o 10 de maio para facer as súas propostas, e será a veciñanza a que elixa o lema a través dunha votación popular desde a web do Concello Redondela.gal. A votación realizarase do 13 ao 15 de maio. A proposta gañadora será revelada o 17 de maio, día das Letras Galegas, e plasmarase nun deseño gráfico que vestirá os pavillóns municipais de Redondela e A Marisma.

O concelleiro Iván Valles avanzou que esta campaña levarase tamén a outras instalacións deportivas do municipio, e animan aos clubs e a todos os deportistas a participar “para poñer o foco nas desigualdades que aínda existen e loitar espazos igualitarios e de corresponsabilidade no deporte”.

A campaña está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Aínda non hai eventos para as próximas datas

Muller e Igualdade

SERVIZOS E RECURSOS

Grupo de Autoestima:

Obxectivo Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.

Información: Centro de información ás mulleres (CIM).

OPERACIÓN CO-FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
Programa Operativo Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Promover la igualdad, la salud y la inclusión social
O FSE Inviste no teu futuro

UE

Programa Municipal de conciliación:

Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.

Poboación destinataria familias con menores con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

Información: Centro de información á muller (CIM).

Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade do Departamento de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade, segundo o Plan solidariamente Responsables para o ano 2023:

CIM

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado

É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden.

O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:

  1. O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.
  2. O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  3. A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.
  4. O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias

O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicológica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións

  • Servizo psicolóxico.
  • Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
  • Servizo xurídico.
  • Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
  • Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.

O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de atención psicolóxica: De luns a venres en horario de 08.00 a 14.30 horas.

Servizo de asesoramiento xurídico: Martes e venres de 08.00 a 14.30 horas e xoves de 8:00 a 14:00 horas

Servizo de asesoramiento en igualdade e atención ao público: De luns a venres de 08.00 a 14.30 horas

Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero:

  1. Punto Violeta Entroido de verán 2022.
  2. Punto Violeta Fiesta pre fin de ano 2022.
  3. Espectáculo Tabú.
  4. Punto Violeta Entroido 2023.
  5. Obradoiro de autocoidados das mulleres, risoterapia e musicoterapia.
  6. Obradoiro Xeración Violeta.
  7. Material Punto Violeta.
  8. Libretiñas.
  9. Obradoiro Obradoiro Prevención dos Trastornos de Conduta Alimentaria dende unha perspectiva de xénero.
  10. Punto Violeta Festa do Choco 2023.
  11. Punto Violeta Festa da Coca por 2023.
  12. Mural contra a violencia machista
  13. Atención policial ás vítimas de violencia de xénero.
  1. Programa "Mulleres en rede".
  2. Punto Violeta Festa da Coca.
  3. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.
  1. Punto de lilás entroido de verán.
  2. Conmemoración do 25 de novembro (Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres)
  3. Protocolo para a prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo do Concello de Redondela.
  4. Campaña Prevención da violencia na mocidade no uso das redes sociais.
  5. Atención policial ás vítimas da violencia de xénero.

Actuacións con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género.

logopactoestadocolor

Plan Corresponsables

Actuacións financiadas para o ano 2022:

  1. Programa "Quédome con Simona".
  2. Plan de sensibilización e formación en corresponsabilidade.

 

Financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Ministerio de Igualdad ao abeiro do Plan Corresponsables para o ano 2022.

Compartir