Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A Oficina de Turismo de Redondela e o Meirande abren as súas portas

Redondela comeza oficialmente a temporada turística coa apertura da súa Oficina de Información, na rúa Isidoro Queimaliños, e do centro de interpretación da Batalla de Rande, o Meirande. A concelleira responsable do departamento, Rita Pérez Táboas, explica que a Oficina de Turismo está aberta de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.30, e polas tardes de 16.00 a 19.00 horas. En canto ao museo Meirande o horario de atención ao público é de martes a domingo, en horario de 11.00 a 14.00 horas e polas tardes de 15.30 a 19.00 horas.

A chegada do bo tempo e a proximidade de eventos como a festa do Choco, o Festival Internacional de Títeres e a festa da Coca, que se celebran no vindeiro mes de maio leva ao Concello a abrir ao público estas instalacións. “Son moitos os peregrinos que nos visitan xa na primavera, e no mes de maio temos unha afluencia masiva de público a Redondela coa celebración das diferentes festas. Coa apertura da Oficia de Turismo poderemos brindar información de interese para toda esa xente que nos visita, e ofrecémoslle tamén a oportunidade de coñecer o museo Meirande”.

Coa chegada do mes de maio retomaranse as visitas guiadas “A vila pola tardiña”, que serán os luns, e nas que se dá a coñecer o patrimonio histórico, cultural e arquitectónico da vila de Redondela. Por outra banda tamén en maio comezará a funcionar o tren turístico, que conecta a diario o centro da vila coa praia de Cesantes.

Compartir