Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Concello licita o servizo de limpeza de praias reservado a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e Empresas de Inserción

A alcaldesa subliña a importancia desta iniciativa “que se desenvolve por primeira vez en Redondela” que busca reforzar a participación no mundo laboral “das persoas con discapacidade e dos colectivos que máis dificultades teñen para acceder a un posto de traballo”

O Concello de Redondela vén de abrir o proceso de licitación para a concesión do contrato de servizo de limpeza das praias do municipio durante a tempada de verán 2022. O proceso está reservado a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e Empresas de Inserción nun claro intento do Goberno socialista que preside Digna Rivas, “de contribuír activamente ás políticas de contratación pública inclusiva”.

A iniciativa, encamiñada á prestación do servizo de limpeza dos areais e espazos adxacentes do do municipio redondelán durante a tempada de verán quere, en palabras da alcaldesa Digna Rivas, “reforzar a participación no mundo laboral das persoas con discapacidade e dos colectivos que máis dificultades teñen para acceder a un posto de traballo”.

Que a reserva quede cinguida aos Centros Especiais de Emprego de iniciativa social e ás empresas de inserción busca “permite colaborar con estas entidades que, en condicións normais de competencia, poderían ter dificultades para obter contratos” co que reforza a axuda, afirma a alcaldesa “que este Goberno presta aos colectivos máis desprotexidos”.

“A inclusión e a integración das persoas e colectivos máis vulnerables ten que facerse a través de iniciativas que, como esta, lles permitan integrarse no mundo laboral, reforzar a súa estima e, ao mesmo tempo, desenvolver un traballo do que se beneficia á cidadanía”, afirma a rexedora local redondelá.

As empresas terán de prazo para presentar as súas ofertas ata o 9 de xuño.

Compartir