Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Obradoiro creativo de postais de Nadal, no Multiúsos de Redondela e na Biblioteca Xela Arias de Chapela

ImagenNoDisponible

Anunciámosvos dende aquí a  actividade que organiza a Concellería de Cultura de Redondela dentro da programación do Nadal, e na que participamos as bibliotecas municipais:

Obradoiro de postais de Nadal, con Macarena G. Muñoz.

Imaxe do obradoiro de Macarena G.

A proposta deste obradoiro busca recuperar a tradición de elaborar, escribir e enviar os nosos propios parabéns nestas festas.
Unha actividade plantexada para favorecer a participación activa dos rapaces e rapazas nestas datas, recuperando un dos costumes máis bonitos destas festas, que ao tempo está a piques de perderse: a felicitación por correo postal.

Faremos unha traballo manual que tamén será un fermoso recordo para enviar a familiares e amigos.
Os nenos/as prepararán as súas propias postais coas indicacións e os materiais dos que se lles farán entrega, escribirán o texto que as acompaña, porán o destinatario e o remitente no sobre e pegaremos un selo para poder envialos por correo.

O obradoiro está dirixido a rapazada de 5 a 12 anos.
– Precisa inscrición, que xa podedes facer, para cada unha das dúas edicións:

  • Mércores 7 de decembro, de 17:00 a 19:00 h., no Multiúsos da Xunqueira, Redondela -> Inscrición, no teléfono: 986-402-865
  • Luns 12 de decembro, de 18:00 a 20:00 h., na Biblioteca Xela Arias de Chapela -> Inscrición na biblioteca, no teléfono: 986-454-226 e no correo: bibliotecachapela@redondela.gal

Compartir